AS MEMÓRIAS DE MANUEL DA CANLE (56)

.

               Realidade. Desde que cheguei á Galiza foi admirábel a grande diferença que notei nos sonhos, pois em Portugal, sonhaba de unha maneira alucinante, que parecía que eu estaba realmente desperto, compenetrádo corpo e alma com a cousa sonhada, até tal ponto que a vida se retiraba do corpo e se concentraba na alma, que xamais tinha tido sonhos tan reais.  Como quando morreu o ilustríssimo espiritísta Don Juan Vilar Val, cura que foi de ésta parróquia de Guillade y a notábel Sybilla de Ponte Dª Juana…, por alcurnia a (Corujera).  O 6 de Xúlio de 1915, eu andaba dolente, da dor aguda nos quadrís (pag. 71), que todavía era insufríbel.  Sonhos realizados. Tristeza.  O día 15 de Xúlio de 1915, fún escreber unha carta e envitaron-me a comer, que acto seguido me recorda o sonho da (pag. 67) de Isolina e o seu pai.  O 25 de Xúlio de 1915, non fún á fésta, por non ter roupa, nem saúde, etc…  Neste día, tivem unha tristeza imensa, e á noite tivem a seguinte Visón, sonhei que estaba num sítio donde vía a porta da Igrexa de Guillade de léxos, e comigo estaba Isolina do Caetano e Carmela da Costa, que estaba com a cabeza no chán, como se fora mergulhar, mas Isolina estaba mais próxima, de pé, séria, corpo pequeno como na realidade.  Tivem sobre ela uns pensamentos, que era pequena, e que era nova, e non lhe liguei afecçón ningunha, etc…  e non se falou nada.  Outra noite, sonhei que estaba brincando com ela no Portocelo.  Os sonhos dos días um ó quinze de Agosto de 1915, uns por outros, todos se me esqueceron, ou pouco me recordaban.  O mesmo día 15, apareceu-me um changlo na boca, lábio superior esquerdo.

manuel calviño souto

Deixar un comentario