Arquivos diarios: 13/07/2018

AS MEMÓRIAS DE MANUEL DA CANLE (54)

.

               Caída do cabelo.  O 20 de Abril, sentím-me da dor de quadrís (pag. 71) quando me baixaba a colher algo, quase non me podía levantar, da devandita doença, combulsións, Spíritos, Sybilas, etc…  resultou tudo na caída de cabelo, e hoxe día da data segue caíndo.  Ferída Venérea.  O día 2 de Maio de 1915, dei-me conta que tinha unha ferída no membro viríl…   e logo parecía um changlo, fixem-lhe várias curas que me indicaron, mas a dor era insufríbel. Também me asaltaron os nervos, unha tosse no peito e dor de cabeza d’arriba.  O día 11 de Maio de 1915, fún ó Hospital do Desterro, facer curativos, que continuei por unhas semanas.  O día 12, saíu tropa para organizar-se em Combate, 2ª Proclamaçón da República, polas oito e cinquenta da manhán, estaba eu no Hospital.  Ouvia-se desde o mar grandes pezas, e chegaron vários polícias fuxidos e xente a montóns.  Revoluçón, intuiçón.  Compadecéos; Compadecéos queridos amigos.  Rosas olorosas dos bosques floridos; Só vós me podeis contentar, reparade a minha desgraça e a minha sorte, porque o deserto é a minha casa…

manuel calviño souto