.
O Largo das Gralhas. O 22 de Decembro de 1914, fún trabalhar pró Largo das Gralhas (padaría), para andar nunha venda, no lugar do António do… uns días, enquanto el non se punha bem de unha perna; tivem alá mil sonhos, ó princípio muito discretos, logo pró final algo confusos. O Spírito… xamais me tinha molestado tanto como no Largo das Gralhas, eu chegára á decadência completa, as paixóns, a miséria física, a desgráça e a mala sorte, tinha tirado conmigo ás sombras da morte, quase á terra do esquecimento, e poucos días despois ouvín criticarme, sobre aquílo que um home busca e non quixéra encontrar. O día 24 de Decembro de 1914, sonhei que estaba na terra (dentro do eido), vía xente, alí vín o meu corpo vestido com unhas calzas de ganga, com um vivo pensamento que non tinha dinheiro, que estaba na puta miséria. O 7 de Xaneiro de 1915, sobre a manhan, me chamában para o serviço militar, e eu protestába porque motivo me tinham chamado a mím, diante de mím iba Isolina do Caetano, parecendo como que fuxía, mas presentou-se-me mais pequena do que na realidade era, despois encontrei unha garíta, que pensei ser a minha, as demais voltas esqueceron-se-me.
manuel calviño souto
Publicado en Uncategorized