.
O QUARTO DA LENHA
As classes terminabam pronto, ás cinco ou algo así. Nada mais entrar á escola, despois de comer, estábamos á espera que a senhora mêstra nos desse solta. Rezábamos um pai-nosso e unha avé-maría, cantábamos algunha cançón patriótica, quase sempre “Montanhas Nevadas”, “Bandeiras ó Vento”, ou “De Isabel e Fernando, o espírito impera, morreremos bicando a sagrada bandeira”; e saía-mos de estampida, com o cabáz na mán e na boca a despedida á senhora mêstra, que era um “usted lo pase bien”. A senhora professora era inflexíbel, aínda que non era mala. Mais bem era muito boa, mas como se che esquecera o de “usted lo pase bien”, caía-che polo menos unha hora de encerro. Os encerros non eran mala cousa, sempre que quedáras acompanhado; mas isso acurría quase nunca, pois quedar-se encerrado era um castigo, e se quedabám dous ou mais, xa non era um castigo, senón um cachondeo. O pior dos encerros era que se o sabían na casa, alí castigabam-te outra vez. O encerro podía ser na própria escola ou no quarto do carbón, que era onde se guardava a lenha e as pedras de carbón, como o seu nome indica, para acender a estufa no inverno. E podía ser por algunha travessura menor ou por non saber a liçón do día. A senhora mêstra batía pouco e era mais partidária da privaçón da liberdade, que do castígo corporal. Deixaba os reglázos nas unhas, ou na palma da mán, para casos bastânte gráves de indisciplína, de burrés extremada ou de picardía, por ter-lhe feito unha xudiáda a algunha nena; cochinadas; non! déstas facíamos poucas, e se algunha vez as facíamos calábamos como mortos; elas e nós, polo que puidera passar. Logo, decían que em Espanha non había racísmo. E o dos xudíos, ¿quê? Facías qualquer zacanada a alguém… pois era unha xudiáda; alguém quería insultar a outro, por unha cousa de nada e chamaba-lhe perro xudío. Así que, o de xudiáda non é meu, que o aprendín fái muitos anos, alá nunha aldeia de Castela, que eram quatro casas de adobe de mala morte. O encerro podía durar até duas ou três horas. Ou sexa, que perdías a merenda e os xogos de despois da merenda. E encima, como na casa sempre había algo que facer ou que axudar, xa reenganchabas. A própria professora te prendía, na escola ou no quarto escuro. E, se estáva de boa disposiçón non trancava a porta e decía, quando aprendas a liçón avisa, que cha venho tomar. Isso, se, o encerro fora de escola; se fora de quarto de lenha, alí apodrecías até ás tantas. Xá a tua nái sabía que foras castigado, que Paquinho quedára encerrado. E o mais seguro era que quedaras sem ceia. Sem merenda e sem ceiar. E sem xogos. Ou sexa, que eu prefería o reglázo nas unhas, ou uns bons vergalhazos: salvo aquéla vez que non recordo que tinha feito mal, mas a senhora mêstra, mandou-me cortar unha vara flexíbel e resistente que lhe servíra para administrar castígo; naturalmente eu sabía que a iba provar em mím. Mas como non era tonto, cortéi-a meio seca e ós primeiros bergalhazos rompeu-se. Entón, mandou outro, que trouxo unha forte e flexíbel que parecía um látigo e, naturalmente probou-a nel. Logo, chamou-me a mím e continuou facendo probas; “para que te enteres, do que há que cortar quando cho mando”. Mas non era normal que dona Glória, nos sacudíra as badanas; ou sexa, que aquéla tarde, algo gordo debía eu ter feito. A escola do meu lugar para aqueles tempos estava muito avanzada; todos xuntos, nenos e nenas sem distinçón de sexos; aínda que, isso sí, em bancos separados. Aquílo, mais que progresso, debía ser necessidade. Para duas ou três docenas de nenos e nenas, non era cousa de ter duas escolas, um mêstre e unha mêstra. O que non sei é por quê essa tendência de que nas aldeias houbera mais mêstras do que mêstres. Ó melhor é que tinha começado a liberaçón da mulher e non nos tinhamos dado conta.
javier villán e david ouro
Publicado en Uncategorized