O MOSCÓN
.
O MOSCÓN
Era mais unha demonstraçón bruta dos maiores que unha brincadeira infantil, aínda que ás vezes tamém. Éra xogo de Inverno, ou de Outono, quando as chúvias e as neves non deixavam ós labradores saír ó campo a trabalhar. Entón reuniam-se na taberna e unhas vezes xogabam ás cartas, ó “mus” preferentemente e outras zurrabam-se ó “moscón”. As cousas empezabam em broma e amizade, mas ían-se aquecendo pouco a pouco e acababam como o “rosário da aurora”. O rosário da aurora era unha práctica relixiosa que, como as rogativas para pedir água em tempos de pertináz sequía, tinham lugar á alba. Non sei por quê era así, sendo o rosário relixiosidade vespertino. Nem tampouco sei por quê esse célebre rosário, nêm em que ocasión, acabou com os fiéis atizando-se com as velas e as linternas. O da sequía pertináz sí que me recordo, pois escuitaba os maiores que, decía Franco cada véz que dava algunha explicaçón sobre algo que non marchaba bem, do campo e das colheitas maiormente. Toda a culpa a tinha a “pertináz sequía”; que as demais naçóns se burlábam ou nos davam um corte de mangas, pertináz sequía. E tudo así. Bom, o que quería decir é que o xogo cáfre do “moscón” o xogabam os homes na taberna os días de neve e frío ou chúva, ou sexa, quando non había “pertináz sequía”. E nós xogabamo-lo quando nos dava a gana. Ó que por sorteo e por desgrácia, que non por sorte, lhe tocaba por-se cara á parede, non demasiado perto déla; logo se verá por quê. Com a mán dereita tapaba os olhos e cruzaba o brazo esquerdo por diante do peito, oferecendo a palma da mán colocada exactamente no sobáco dereito. Sobre esse albo fixo, estrelabam-se os golpes dos demais xogadores. Estes colocados nas costas da víctima, lanzabam a sua mán dereita com toda a forza contra a palma cobigada debaixo da axíla. Unhas vezes á sobaquiño, ou sexa um golpe semicircular de baixo arriba; outras, describindo um movimento de atrás para diante em sentido horizontal. O que se punha tambaleáva-se e, apenas recuperado o equilíbrio, dava a volta tratando de adivinhar quem dos xogadores fora o merdeiro, que quase o tinha descalabrado. Estes xirabam ó redor do agredido, as máns levantadas e imitando com a boca o zumbido do moscardón que, no meu sítio, chamába-mos “moscón”. Se, entre o zumbido e o bosque de máns axitádas e tremorosas como folhas de árbore, acertaba quém fora, o descoberto ocupaba o lugar da víctima anterior. E, sí se tinha excedido no golpe, comezaba, claro, a vinganza. Olho por olho e dente por dente. Se non acertaba quém, seguía recebendo trompadas. Davam-se verdadeiras palizas muito bem resistídas por uns e outros, amistosamente, entre linguatazos de mistéla misturada com aguardente. Como fora chovía e caían chuzos de punta, decían que era para entrar em calor.
javier villán e david ouro
Esta entrada foi publicada en
Uncategorized.
Ligazón permanente.