A CANTEA
.
A Cantea ou Pedrea, mais que um xogo era unha salvaxada. Era unha batalha a pedradas, a cantazo limpo decía-mos nós. Pedrea soába mais fino e assím o chamaban os da capital, crianças relímpas, que ás vezes, muitos fins de semana, em época de pesca ou de caza, vinham por aquí. Muito perípostos e penteádos, mas non había que fiár-se. Davam cada cantázo que te descalabrábam. Admitíam-se sem diferenças, para que logo non dixéram. A cantea era um combate de estratéxia e, por suposto, de puntaría. E facía-se, xeralmente, por bandos de afinidade, ou por bairros; no meu pequeno povoado soliamos elexír, como terreno neutral, o bairro do meio. Zumbávan os cantos com grande perígo de cristáis e cortinas; mas com maior perígo para as cabezas. Algunhas eran tán duras, que o que verdadeiramente perigaba eran os cantos. Os dous exércitos despregábam-se buscando a proteçón das árbores, desmontes ou esquinas. Lanzába-mos á mán, nada de fundas ou de fïsgas, chamados tamém tirachinas. A brazo. E ninguém se rendía, a non ser por cansaço das duas partes, por algunha cabeza aberta ou polo cristal de unha xanéla feito anácos. Neste caso, os riváis facían causa comúm e saía-mos escopeteádos, antes que a dona da casa vinhéra feita um basilísco, “demónios, vou-vos matar!” A mím gostába-me o papel de árbitro, mas isso alí non valía. E unha vez que me puxém pesado, dixeron-me que sí, e moeron-me a cantazos os dous bandos. Escondido detrás dunha árbore, tumbado no chán como as lêbres na sua cama, choviam-me as pedras, que me deixarón o corpo cheio de bultos. Nunca mais, voltei a fazer outra. O papel de componedor ás vezes têm éstas consequências indesexáveis.
javier villán e david ouro
Esta entrada foi publicada en
Uncategorized.
Ligazón permanente.