AS MEMÓRIAS DE MANUEL DA CANLE (43)

.

               Visón.  Sonhei que eu iba por uns caminhos, e vía um grande “miting” á minha dereita, parecía ser num caminho, os oradores eran guardas-civiles, eu seguín de frente e entréi num átrio e a igrexa estaba caleáda, á ezquerda mirei unha cousa que parecía ser um palácio e de alí levantou-se unha figura de home, só que o corpo nón se vergaba, andava polo ar teso, com naríz de duas quartas de comprido, non tinha olhos, nem buracos deles e apenas tinha figura humana, entón começou a falar para o miting, mas frases que se nón entendían, senón que parecía grunhir como um cán, algo parecido a unha donosinha.  Aproximou-se de mím (mas entón tendo outra figura, mais idêntica ao diábo), e estábamos por brigar os dous, e como temía del, e el temía de mím, e eu non facía por dar-lhe, el iba-se marchando, entón vên-me a idéia de perguntar-lhe, que me déra unha receita para colher unha mulher, ó que se negou.  Eu, abrazei-me a él, para que ma dixéra, que o deixava dare fornicationen, entón meteu pola minha natureza a súa, servindo eu para el de mulher.  Dixo-me que había que meter-lhe a ilusíon na cabeza, para que me acompanhá-se a lonxe, onde nón andara xente, a um monte deserto, e terminou com palabras confusas, das que nón aproveitei mais nada.  ¡Pois, se burro estaba, burro quedei!  Despertei, e tinha sobre mím o Spírito malo!  Antes e despois deste sonho, voltou a molestar-me muitas vezes.  Hoxe, 3 de Febreiro de 1914, á noite, estando a aquecernos ó lume da lareira, eu dormitaba algo e mamá velába, ó calor morno.  Vindo-me o Spírito molestar polas 11 da noite, polas duas da manhán.  De manhán, levantei-me despavorido, e pola unha da tarde preparei algo de comer, e despois ó redor do lume fixem um exorcismo.   

manuel calviño souto

Deixar un comentario