Arquivos diarios: 25/04/2018

AS MEMÓRIAS DE MANUEL DA CANLE (41)

.

               Sonho desertor de Preciosa.  O día 17 de Outubro de 1913, sonhei que estaba nunha fésta descalzo, eu e Preciosa…, ó fím resultou que atopamos unha moeda falsa, eu faláva-lhe com amor.  Estávamos em marcha para casa, e apareceu outro rapaz com nós, ós poucos momentos, apareceron dous mais, estes últimos, queriam uvas, entón eu desenhei-lhe unha vinha muito florida, que parecía ser de D. Ignácio.  Acto seguído, vexo passar Pra. de frente, a uns oitenta metros, caminhando para a vinha, eu seguín-na, tán pronto cheguei alá, estaba ela colhendo unhas castanhas, debaixo d’um castanheiro.  Ó seguir viáxe, passamos por diante d’unhas casas, intentando eu que non me visen, dixem-lhe que non corre-se, mas ela mais corría.  Despois, ouvín unha voz que dixo – donde é essa rapariga, e nada respondemos; entramos núm caminho que parecía ser unha carretera, alí parou-se um pouco, e passou por xunto de nós unha mulher feia, e dous rapazes feíssimos, um deles dixo: Pra… non vale nada, non sái de quêm é. Despois entramos nunha carretera, ela marchou diante correndo demasiado, e eu detrás dela, até que cheguei a um sítio, onde partía um carreiro p’rá dereita, e sumíu-se-me da vista.  Andei um pouco á sua procura, e non a encontrei.  Despois, seguím a estrada e encontrei-me nunha frága de carbalhos, e unhas velhas, duas mulheres trabalhando, eu dei volta á dereita, e introducín-me nunhas veigas deliciossíssimas, provistas de herba, horta, frutáis, água.  Entón, vêm-me um morto ó pensamento, por serêm as veigas del, e sêm saber como, aparecín com a escopeta nas máns, e á dereita dous guardas, estes despois de unha disputa, vinham para me prender, mas eu disparei um tiro, e a escopeta disparou outro, e a luta seguíu.  Apareceron logo, duas mulheres contra mím, ofendín unha, e escapei, e despois parece que fún arrebatado polos aires.  Desperto, e eran as cinco da manhán, deixei-me estár, tiven outro sonho, mas pequeno… 

manuel calviño souto