.
Carpinteiro em Vilacoba. O día 16 de Xunho fún trabalhar de carpinteiro para Vilacoba com Vidal. Á noite tiven um sonho que polo que me acorda, sonhéi que estaba com Aldemira da Sorda, despois colhín-na pola cintura, derramando-se por mím o leite dos amores. O 18 tiven um sonho que me esqueceu. Pola manhán do día 28 de Agosto de 1913, o 31, á tarde. Sobre a manhán o Spírito… molestou-me de maneira forte, até que eu perdín as forzas, acometendo-me um sonho aterrador. O día 4 de Septembro de 1913, polas 11,30 da noite, estaba o Adivinho (Carujera) sobre mim com o Spírito… facendo-me a punheta… a malvadez que esta xente maxía fái com as almas, facendo-me correr por mim o leite dos amores. Concubina. O día 9 de Septembro de 1913, polas oito da noite fún á (vexa-se gozo 1º páxina 32. O 17 de Outubro de 1913, vinha de trabalhar da casa da Namora com Vidal, el sexo masculino no Cotinho, estaban gostando as duçuras do amor, eu, por disgrácia, faltando-me essa sorte, vinheron-me malos pensamentos, atribuíndo tudo á forza das bruxarías, pois o meu corpo estaba feito um depósito de aire, etc… os meus pensamentos estaban, desnorteados. Pola noite ven o Spírito malo inquietar-me de unha maneira horrorossíssima.
manuel calviño souto
Publicado en Uncategorized