Arquivos diarios: 14/03/2018

EM NOME DE GUILLADE (MOSTEIROS)

.

                            MOSTEIROS

               Dentro das realizaçóns de carácter relixioso, tamém se deben salientá-los numerosos mosteiros que existiron em todo o termo.  O primeiro em levantar-se foi o de Santa Locaia de Guillade, do que tán só se conservan as súas ruínas. Máis tarde há notícias de San Pedro de Angoares, do de San Bartolomeu de Fozara e do de Santo Estevo de Cumiar.  O de feitoria máis recente foi o convento de San Diego de Canedo, froito da doazón do pazo no que se assenta (polo conde de Salvaterra) para converte-lo em cenóbio franciscano, que, aínda que data do século XVIII, conserva unha portada do XVI.

ALBERTE REBOREDA CARREIRA

.

EM NOME DE GUILLADE (ARQUITECTURA RELIXIOSA)

.

               ARQUITECTURA RELIXIOSA

               No eido da arquitectura, son várias as igrexas que aínda conservan vestíxios da súa construçón românica, como a de San Pedro de Angoares, que pertenceu a um mosteiro bieito e que consta de planta de cruz latina e ábside rectangular, na que sobresaen o capitel do seu interior e os canzorros; a de San Salvador de Padróns, que tan só posúe a portada de estilo românico, mas que destaca polas súas dimensóns; a de Santo Estevo de Cumiar, com portada românica, um arco triunfal e um león de grandes proporçóns arrimado à parede norte;  e a de San Cibrán de Paredes, que aínda tem elementos ornamentais representativos, como os canzorros ou a cruz do tellado.  Outro templo que cumpre mencionar é o de San Nicolau de Prado, máis moderno, mas que destaca polas súas pinturas murais (do século XVI).

ALBERTE REBOREDA CARREIRA