EM NOME DE GUILLADE (CONTEXTO ARQUEOLÓXICO XERAL)
.
CONTEXTO ARQUEOLÓXICO XERAL
O curso do río Tea, em xeral, e Pontareas, em particular, constituiem um território muito rico em xacimentos pré-históricos. Os achados arqueolóxicos mais antigos do Concelho datan do paleolítico, ó que pertence um utensílio acheulense aparecido no lugar da Pedra de Agua (Pontareas). Mais abundantes son os procedentes do neolítico, entre os que destacan um machado pulido, atopado no Barral (Pontareas) e outros úteis líticos descobertos nas aldeias de Angoares (um punhal de folha plana com empunhadura fiferenciada) e Guillade (um machado). A cultura megalítica tamém está representada por vários enterramentos e à idade dos metais corresponde-lhe um machado de bronce, encontrado perto da Pena dos Namorados (Arcos). Há abundantes mostras, ademais, de gravados rupestres, como os descobertos na Chan de Gândara (Mondariz) ou os de Ribadetea e Guillade, unha grande parte destes vestixios atopan-se no Museo Municipal de Pontareas. Da cultura castrexa tamém se conhecen abundantes restos. Existen mostras destes asentamentos em Angoares, Areas, Bugarín, Celeiros, Cristiñade, Guillade, Guláns, Nogueira, Oliveira, Pías, Ribadetea, Xinzo, etc. e entre eles destacan o de Fozara e o de Troña. A conhecida como cidade do Caneiro (Fozara) é de gran relevancia, xá que nela apareceu, entre outros restos cerámicos e metálicos, um fragmento de vasilha grega, um caso excepcional na Galiza. O castro de Troña (Pias) está situado no monte denominado do Doce Nome de Xesus, a uns 280 metros sobre o nível do mar. Iniciáron-se as escavaçóns polos anos 20 ou 30 do século XX Luís Pericot e Florentino Cuevillas. Posúe forma elíptica ou oval, presentando amplas terrazas na súa pendente oeste e um ancho foxo aberto na rocha. Nel atoparon-se numerosos restos, entre os que sobresán fíbulas, moedas, escumalhas, e abundantes fragmentos cerámicos. Pertence ós denominados castros defensivos e son muito peculiares as súas vivendas, xá que existem construçóns de planta circular, elíptica, quadrada e rectangular. o que demostra que foi habitado durante um largo período de tempo. Tamém destaca um petróglifo que tem unha serpe, arredor do qual circulan várias lendas.
alberte reboreda carreira
Esta entrada foi publicada en
Uncategorized.
Ligazón permanente.