.
Visón os Hoteis. O día 18 de Xulho de 1911, fún-me deitar polas 11, e tiven a seguinte visón: sonhei que andava com uns rapazes, que me levaron a um povoado onde había Hoteis e andavan a construir um, de tal forma que cada pedra que facian enchia um lado em pleno do Hotel, pedimos trabalho e non o conseguimos, entón marchamos, e ó passar por certo sítio, eu subin a unha árbore na qual había enxames de abelhas em pequenos buracos, dos quais saíron unhas poucas, e unha delas cravou-me o aguilhón na língua. Estas son as principais voltas do sonho, mas levou muitas mais voltas que non logro recordar. Grande Suceso. Preito. O día 20 de Xulho de 1911 polas 7,50 da tarde, tiven unha grande zaragata com a Visconda, e transcorridos 8 días deu-lhe unha enfermedade. O día 23, fún a Mondariz, cheguei à casa com algunha fame, eu andava Salvaxe. O 26 fún outra vez a Mondariz (ó responsórium). Saín com victória sobre a questón, sái um home que volve por tí, sai-che unha rapariga que teis no peito (era Pra.) Sais bem ir xunto d’um home…(era o Sr. Val). Antes de te casar, primeiro tem que morrer a apressada (por impostura), mas desta vez non morre, tem de andar a pé algum tempo. O día 27 de Xulho de 1911 à noite, tiven… Outra Visón: sonhei que iba num tren para Lisboa, em companhia da Xaroupa, eu estava com medo decindo com o pensamento. Ah! Non fún xunto do Cura de Guillade (Senhor Val) e vou voltar enfermo como da outra vez; chegamos a um povoado parecido a Ponte e alí saímos, e fomos cada um ó seu destino para nos xuntar despois e seguir caminho. O 28 de noite, tivem a seguinte Visón. Sonhei que estaba eu debaixo da minha xanela na companhia doutro, e estabamos conversando com outro home, que me parecia o Senhor Val; despois tivem unha pequena conversa com Maria Rosa da Coladera e seguidamente se presentou Inocêncio de Viñó atropelando, o sonho levou muitas voltas, entre as quais eu fún molestado polo Spírito malo.
manuel calviño souto
Publicado en Uncategorized