Categorías
Arquivo
- Agricultura Alimentación Anonymous Arquitectura Astronomía Blogs para curiosear Bos desexos Cerebro Cine Darío e Breixo Economía Educación Frutais Futuro Historia Humor Indignados Libros Lingua Literatura Medios de comunicación Monte Comunal Natureza Poesía Política Procomún Publicidade Sidra Socioloxía Software libre Tradicións Viaxes Xadrez
AS MEMÓRIAS DE MANUEL DA CANLE (22)
Descripçón da nena. Era nova, corpo algo mais pequeno que o meu, branca de rostro algo redondo, fermosa e de bom parecer, e segundo me dixo era de Angoares, e nunca a tinha visto antes. O 11 de Septembro de 1907, andava eu a botar o chan à casa da Maneta e pola noite tivem malos sonhos, que ó despertar esqueciam-se-me; um deles foi sonhar com unha nena de Oliveira a Cândida, e despois de um pouco de conversa fixemos o coito, e tinha-se vindo por mim o leite dos amores. O día 7 de Novembro de 1907, estando eu a trabalhar com José Outón, ouvin decir que se casaba unha rapariga, e à noite fún ó Serán a Guillade de baixo, e quadrou estarmos xuntos dentro do Serán por um pouco, no outro día, acometeu-me unha pena que me tirou as ganas de comer, dando-me um sonho apoquentador, estaba lendo um libro, e fún quedando a dormir, por uns vinte minutos. A dita rapariga vin-na diante de mím em sonhos, polas 11 do día debaixo da minha cereixeira, dixo-me unhas palabras que me esqueceron de seguida; a paixón tivo orixem desde que ouvin decir que casaba (vexa-se arriba) sem eu xamais falar com ela, e quase non a conhecer, e continuou até que cesou à forza de ler oraçóns e evanxelhos, pois que aquela pena non era natural. Eu tinha unha cruz sobre a cama e unha buxía, e todas as noites vinha unha cousa, tirava a cruz e desaparecia a buxía. Visón. O dez de Febreiro de 1908 despois de ir a Ponte, sentía um sono mortal, pois esta noite tivera um sonho com unha rapariga que me estaba a dar bicos e abrazos, nun sítio que eu non conhecia, e despertando vín que tudo era um sonho (Angustias da Pressa). Gozos! O día 20 de Febreiro de 1908, tentou-me o sono estando a ler um libro, quedába-me dormido. Polas horas da tarde do día, vem unha pessoa para que lhe fosse gobernar o corral das galinhas, e que me daba um ósculo….. pois antes de gobernar dito corral…… é escusado decir….. (Tª). Serrar, escravidón. O día 21 de Febreiro de 1908 comecei a serrar com um suxeito chamado Reis, passando unha escravitude com o dito fulano. E eu tinha mil sonhos mas esquecia-me ó despertar. Entre todas as penas e sentimentos de amor, o meu corazón non permitia que tivesse pena senón por nenas bonitas e novas. Burla da Cruz. O día 17 de Abril de 1908 (quinta feira Santa, fún à Igrexa em companhia de uns rapaces, encarguei uns zapatos. Estaban andando as Cruces e eu mofava-me decindo que estavam a adorar a unha pedra, etc… Eu parecia estar fanático, despois, outro día vem um suxeito que lhe escrebe-se unha carta em Castelhano (baixinho), entón começou a dar-me pan e vinho, até que me emborrachei, chegando à casa bebin dez ovos crúos, mas o sono era irresistível.
manuel calviño souto
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.
