EM NOME DE GUILLADE (XXVII)

HIDROGRAFÍA
A rede hidrográfica do termo está organizada ó redor do río Tea, um dos principais afluentes do Miño no seu curso baixo e de grande importância ecolóxica, polo que unha boa parte do seu curso está declarado Lugar de Importância Comunitária (LIC). Nasce no concelho pontevedrés de Covelo e atravessa o de Mondariz, com direcçón nordeste-sudoeste, até introducir-se no de Pontareas, onde muda a sua orientaçón (norte-sul), xá que aproveita unha fractura tectónica pola que cruza este território. O seu principal afluente pola marxem dereita é o Borbén, xunto co rego de Mouro, o regato de Cillarga, o río Xinzo e o regueiro da Barxa, e o seu contribuínte mais importânte pola parte esquerda é o Uma.
alberte reboreda carreira
Esta entrada foi publicada en
Uncategorized.
Ligazón permanente.