Categorías
Arquivo
- Agricultura Alimentación Anonymous Arquitectura Astronomía Blogs para curiosear Bos desexos Cerebro Cine Darío e Breixo Economía Educación Frutais Futuro Historia Humor Indignados Libros Lingua Literatura Medios de comunicación Monte Comunal Natureza Poesía Política Procomún Publicidade Sidra Socioloxía Software libre Tradicións Viaxes Xadrez
Os nosos blogs
Arquivos diarios: 06/01/2018
AS MEMÓRIAS DE MANUEL DA CANLE (15)
Calamidades. Sufráxio. O día 16 de Decembro de 1905, assistiron todas as pessoas devotas á Santa Misa que se celebrou em sufráxio do meu tío (que em paz descanse), a minha nái assistíu, chegando de Matamá onde eu andava com a toura, e despois foi a Oliveira, chegando polas 6 da tarde chorando de tal maneira que tivem que ir por ela, perguntei-lhe que passava, e dixo que a sua irmán se tinha metido nela, despois de passados 15 minutos deixou de chorar, xa só se queixava da cabeza, eu tamém todo o día tinha andado aturdido da cabeza como se me quixera dar um síncope e queixas do corazón, etc… Ofertórium. O día 14 de Decembro de 1905 Domingo, a minha nái foi ó ofertório do meu tío (q. e. p. d.), eu tinha quedado na casa, acto continuado chegou Avelino Carraceda, xogamos um partido e despois marchamos. O día 18 de Decembro de 1905, sentín unha forte dor no xoelho da perna esquerda por via dum carbunclo, que reventou derramando aproximadamente meio quartilho de sangre, eu xamáis tinha visto carbunclo semelhante. A minha nái e o adivinho. O día 20 de Decembro a minha nái foi a Ponte pagar o consumo e de passo foi xunto ó adivinho. De noite, vem o Spírito inquietarme, o meu corpo xa estava muito tomado pola bruxaría, que muitas vezes quando despertava moviase-me o corpo, quedando a cabeza quieta sem sentido e sem movimento, e non conseguia senon a forza de sacudir o corpo; nestes días passei muita fame. Paporrubio. O día 23 de Decembro de 1905 a minha nái fora a Ponte, e eu fún a dentro do eido cortar unhas polas de maceira e colhim unha postura mala ó respirar, e pareceu-me que se me introducíu aire num bacío, resultando unha grande dor por alguns días no referido sítio, e quando tossía a dor era insufríveĺ. Nesse día tivem unha surpresa porque, facía mais de trinta días, que todos os días entrava um paporrubio pola ventana até ó meio da casa e várias vezes saía pola porta; hoxe neste dia, o estou vendo sobre a porta e despois poussar no chan da casa.
Publicado en Uncategorized
