Á PORTA DO EXÓTICO BAR

.

Á porta do exótico Bar

a muller andaba a saltos

entre puntos suspensivos. calando.

Despois o riso da muller

esvaraba ou baixaba escaleiras

apresuradamente

O vislumbre dun degradarse

imprimía unha graduazón

e era unha progresón xa elevándose,

á inversa, simulada:

e percibíase o tempo xusto

entre chanzo e chanzo

e o corto silencio entre dous golpes

era un grao azul de resaibo,

non de azul de mar,

de azul soleado

ou de azul escuro

entre estrelas brancas,

e en frente,

na parede apaciguada

por pintadas, contida

a resignazón, un

baixo relevo figurando

a Auga e a Terra

impuña un silencio elegante,

introducía unha omisón compasiva:

por non ferir e esaxerar o ar

con respirazón compulsiva

con careta sonora

con rabia innecesaria

con berro a destempo

da ignorancia.

 

francisco candeira

Deixar un comentario