.
Os trabalhadores indios de etnia tamil que emigraron para a cidade de Bangalore em busca de trabalho, vendían a sua sangue a clínicas privadas para dispor de algunhs fundos até encontrar emprego. Durante unha destas doazóns, foron anestesiados e despertaron mais tarde com um costurón no costado e um rin de menos. Dez camponêses puxeron unha denúncia na polícia por este motivo, sendo a primeira vez que as acusazóns de tráfico de orgaos, que xa existia desde longos anos atrás, tenhem testemunhas vivas e dispostas a falar. O preço dum rin para transplante nos Estados Unidos, vinha a custar aproximadamente um milhon e meio de pesetas no ano 1995.
léria cultural
Publicado en Uncategorized
.
Á porta do exótico Bar
a muller andaba a saltos
entre puntos suspensivos. calando.
Despois o riso da muller
esvaraba ou baixaba escaleiras
apresuradamente
O vislumbre dun degradarse
imprimía unha graduazón
e era unha progresón xa elevándose,
á inversa, simulada:
e percibíase o tempo xusto
entre chanzo e chanzo
e o corto silencio entre dous golpes
era un grao azul de resaibo,
non de azul de mar,
de azul soleado
ou de azul escuro
entre estrelas brancas,
e en frente,
na parede apaciguada
por pintadas, contida
a resignazón, un
baixo relevo figurando
a Auga e a Terra
impuña un silencio elegante,
introducía unha omisón compasiva:
por non ferir e esaxerar o ar
con respirazón compulsiva
con careta sonora
con rabia innecesaria
con berro a destempo
da ignorancia.
francisco candeira
Publicado en Uncategorized