O COUREL
.
Cómo escribirte Courel
senón encouro…
E eu, encouro de verbas,
poño un castiñeiro, moitísimos castiñeiros,
no ermo denso da memoria.
O fondo e o cumio en solidón,
perfeitamente nidios no cadro da intimidade,
son agora compañeiros de por vida.
O mellor xeito de chamarte
agroma cando me ergo no silencio da noite:
o fumo do meu cigarro elévase entón
coa limpidez e altura dos teus montes,
co sosego claro, longo, de verán, na elevazón da profundidade.
Sempre te recordo no medio da noite, fumando,
entre o silencio máis fondo
e o ermo altivo das alturas solitarias.
francisco candeira
Esta entrada foi publicada en
Uncategorized.
Ligazón permanente.