QUIXERA TER AZAS

.

Quixera ter azas

pra sentirvos escondido, non pra voar.

¡Quen me dera sentir o meu peso

en cada unha das follas da figueira,

andar cos meus pés sobre todas elas!

 

Son un caso perdido

mais xa castigarei meu corpo

pra apalpar unha a unha as follas

que retira o Outono.

¡Nada nos convén

se non temos unha alma de ar tenro!

 

francisco candeira

Deixar un comentario