SOBRE DA AUGA DA FONTE

.

Sobre da auga da fonte

que alixeiran mariposiñas e candileiras

elevo a voz do teu corpo que descansa

¡Qué fermoso ver a fala da xente

entre os sons escondidos da vida!

¡Qué alto gusto ver cómo entenden

as  folliñas o noso sentir

ao se moveren nas pólas!

Elevo o teu soño por riba das herbas

e bebe un cagote o seu medrar

Falades de xuíciño e unha tesoura

anda con prudencia

Tendes que ver correr a auga

para sabervos amigos

¡Ouvide a auga fértil e compañeira,

calade pra respirar fondo!

 

francisco candeira

Deixar un comentario