MIRAI A ÓNDE VIÑEN PARAR HOXE
.
Mirai a ónde viñen parar hoxe
A Mondariz
Un día máis en Mondariz Balneario
Canta un moucho
Xa sabedes cómo cantan os mouchos
Dígovos que estou a mirar o ceo
da noite polas fiestras
do Gran Hotel derruído
O ceo que baixa ao chan
pra beixar os fentos
entre as paredes baleiras
Acordeime do moucho
que canta en Lisboa,
no xardín do Centro Galego,
porque a lúa que miro agora,
difuminada, borrosa, esvaída,
derretida, nebulosa, querendo
alongarse e espallarse a cabalo das nubes
parece pedirme que a leve
a onde a miña lembranza queira
Ela, a lúa, sabe tamén
que eu veño de contemplar o río
e que todos os ríos sonoros á noite
semellan unha fervenza negra, solitaria.
francisco candeira
Esta entrada foi publicada en
Uncategorized.
Ligazón permanente.