O VECIÑO CANDO ADOLESCENTE

.

O veciño cando adolescente

apretando entre as mans ourizos arregañados,

agora pervagando antergo por riba do tellado

e a baixar pra dicir de herbas e essencias:

“a folla da nogueira é boa prás úlceras

e hai que collela agora e póla a ferver”

 

Os amigos que axudaban no eido, que xa se foron,

mais enxertaron e plantaron roseiras.

Os homes barís, tal habelencia acabou…

O compañeiro que ergueu a casa, tan ben,

neste intre na casa de todos,

qué amigos nos leva a vida, a morte!

Outros podaron, deron sulfate, cavaron:

este, aquel, as mulleres.

¡Ouh, qué cousas boas

ten a alma da labranza!

¡E qué cousas ten o tempo da Terra!

¡O tempo é unha man,

unha manchea de terra, traballo e versos

a ir e vir pola escaleira de Xacobo!

 

francisco candeira

Deixar un comentario