A NAI QUENTA O BOSQUE
.
A Nai quenta o bosque
co seu paso pronto
Abre carreiros, refai camiños, anda.
Sinala a Nai piñeiros e freixos,
conta os días, o abraio,
sabe que vibro cando lle ouvo
“ourego”, “árnica”, “trovisco”,
“carrasco manso”, “codeso”,
insinúa, olvidada, sen saber,
que a frouma adelgaza o ar.
Um día quixen pensar
e non recordei o seu rostro de hoxe,
recordei os seus rostros de antes.
Sei moi ben, Alma, cando te alzabas
nena só con ollos!
francisco candeira
Esta entrada foi publicada en
Uncategorized.
Ligazón permanente.