ARBORES DE XUNTA E CONCELHO
Ignacio Abella Mina, entre outras, unha das suas linhas principais de trabalho é a investigación, divulgaxión e conservación das árbores monumentais e os seus múltiples valores. Nesta obra oferece um pormenorizado estudo do papel que as árbores tiveron como eixos em torno dos quais se desarrolharon históricamente algunhs aspectos da vida comunitária, aparte dunha reflexión sobre o nosso actual desencontro com unhas companheiras tan veneráveis. A árbore como lugar de encontro, como centro de confluência entre paisaxe e paisanaxe, natura e cultura, política e administración. A partir de documentos e testemunhos da tradición oral, Ignacio Abella indaga na memória dunha institución histórica a Árbore de Concelho, um dos rasgos mais significativos e paradóxalmente mais esquecidos da nossa história e identidade: velhos carbalhos, freixos, alamos, teixos, moreiras… que foron centro xeográfico e neurálxico das nossas sociedades. Ao seu âmparo celebraron-se assembleias, parlamentos e concelhos abertos nunha sorte de “dendrocracia” na que a árbore era a capital, séde e símbolo de toda unha tradición profundamente enraízada em grande parte da velha Europa. A través do seu estudo, este livro é unha crónica apaixoante do nosso passado. É tamém unha chamada a participar num proxecto de recuperación destas raízes, daquel património vivo e insubstituível do qual non soubémos conservar nem sequer o recordo.
ignacio abella mina
Carrasca de Lecina, na Serra de Guara (Aragón).
Teixo da Serra de Coura (Asturias).
O Carbalhon de Oviedo, talado em 1829.
Teixo da Abadía de Jumiéges (Normandía).
Teixo de Santa Coloma (Asturias).
Oliveira de Cort (Palma de Maiorca).
Teixo de Vidiago (Asturias), foi asfaltado até ó tronco.
Carbalhos de San Indalecio, San Xoán da Pena (Huesca).
Freixo de Buerba (Huesca).
Teixo de Ceñal (Asturias), danza prima.
Teixo de Lugás (Villaviciosa – Asturias).
Teixo de Selorio (Asturias), foi derrubado por um forte temporal.
O “Conceyu do Texu”, reunido em Abamia (Asturias)
O Povo de Bermiego (Asturias), reunido entorno do seu “Rebollo”.
A “Texona” de Bermiego (Asturias).
O Carbalho da Forca, Carrandi, Colunga (Asturias).
Teixo de Cenero (Asturias).
Teixo do Condado, Laviana (Asturias)
Carbalheira onde se celebrava o “Conceyu Abiertu” de Lastres (Asturias).
Teixo de Mier (Asturias).
Teixo de Santibáñez (Asturias).
Teixo xá seco de Valledor (Asturias).
Cajigona de Potes (Cantabria).
O Avô, da Irmandade de Campo de Suso (Cantabria), morreu em 2014.
Teixo de Lebeña (Cantabria).
Carbalho de Terán (Cantabria).
Olmo de Corrales del Vino (Zamora).
Olmo de Becedas (Ávila), morto no final da década dos oitenta.
Azinheira de Sotoscueva (Burgos).
Carbalho das Ermitas (Castela).
Olmo de Santerón (Cuenca).
.






























