CANDO ME PIDES, ALTA, UNHA RAZÓN

.

Cando me pides, alta, unha razón

póñome a brincar, deixo de vivir

porque así vivo máis en queimazón

ao esconder a sinrazón do dicir.

 

Vivir é brincar neno no salón

e como un louquiño botar a rir

da vida que é morte triste a carón

de cousa moi séria a deixarnos ir.

 

E tes razón cando me pensas nécio

se por tal entendes a seriedade

do home que non brinca por ser de prezo.

 

Mais seriedade é brincadeira tonta

daquel que tonto sabe a súa idade

e non brinca, porque xa o morrer conta.

 

francisco candeira

Deixar un comentario