HAI UNHA NUBE DENTRO DE TI

.

Hai unha nube dentro de ti.

Hai unha nube en ti

máis pequena,

sempre máis pequena que ti.

Unha nube branca (ou incolora)

que se volve azul ou negra, ou branca ou gris,

depende, de cando en cando.

E esa nube só te cobre enteiro,

só se fai tan grande como ti

cando che pasan algo,

quizáis unha escura comprensón

do mundo,

cando acadas a madurez,

mixto de misterio e segredo,

ou cando te cren na vellez serena,

neno vivido mais olvidado,

e es ceo e terra

e terra e ceo

e rodeas, andas encol do teu silencio,

amas o sono, descres risoñamente

dos soños, queres un ventiño

que pasa, que outros compran.

Esa nube só crece toda,

só te ocupa enteiro,

só é ti mesmo

e se confunde contigo

cando comezas a aprender.

Mais pode crecer de golpe

se por un azar

acaece un accidente.

E pode chorar un ceo limpo,

unha nube soa, enorme, total,

se acaso, se en verdade expiras,

se de certo desapareces,

ti, ou a nube túa.

 

francisco candeira

Deixar un comentario