PASEABA EN COMPAÑA

.

Paseaba en compaña

polo Parque do Retiro

entre libros de Feira

e cousas de outros días

viñanme á memoria:

estatuas enormes,

monicreques de teatro,

follas caídas.

E as follas no chan

leváronme a unha viaxe

pola neve andando Sete Picos.

O tramo que percorrín

non está na cidade,

creo que non está en parte algunha,

non recordo case nada.

Sé me lembro da partida,

das últimas palabras

de despedida

antes de partirmos todos.

Quedeime atrás, solitario,

e non recordo que os vise

de verdade, como se os

perdera de vista.

Porque un silencio divino

seméllase a camiñar en silencio

e a solidón do mundo

non ve os outros

e estar só entre outros

quere ser unha estatua

ecuestre nunha Praza Maior,

elevada, un cabalo de bronce

elevado sobre un pedestal

cunha pata no ar,

pisando e non pisando,

etérea, silenciosa, pisando o ar,

mentres os ollos meus pisan

levemente o ar

sen homes e estatuas

cando sen embargo, abaixo,

hai homes e estatuas.

 

francisco candeira

 

Deixar un comentario