EU DEBO SER ALGO TONTO

.

Eu debo ser algo tonto:

vibro oíndo unha canzón de radio

nunha discoteca.  E bailo emocionado,

e canto a cantiga tonta.

Despois marcho e olvídome da letra

e máis da música.

Non aprendín nada, non gocei sublime,

non disfrutei de poesía: vibrei

naquel intre.  Vibro cunha canzón

de discoteca, con canzóns de moda.

Mais nunca formará

parte da minha intimidade.

Disfruto como un parvo cunha canzón

tonta, canto con elas, bailo como un tolo.

Máis non será pracer para min

recordar unha canzón de radio.

Recordaránma

e vibrarei de novo

mais nunca irá comigo sempre

unha canzón tonta,

non me acompañará, amiga.

Nunca irá comigo a cotío, non será

parte de min, non será esencia miña

como o pode ser “El guardagujas”,

ou un poema de César Vallejo,

ou un conto ou un prólogo de Borges.

Unha canzón tonta só serve

pra decatarnos que a música da arte

vale un millón de veces máis.

 

francisco candeira

Deixar un comentario