CORZÁNS

.

Xa non ten Historia pra contar,

xa está entregue a outro destino

o portalón da Inquisición.

Noutrora pazo, arestora fachada

medio inclinada cara a dentro.

Hoxe máscara con vertixe

cara ao interior do seu pasado.

Sentín máis  emoción, e máis medo,

e máis abraio, e máis lonxanía

ao cruzar o seu limiar

-!que morra a Institución! –

que ao pasar por debaixo

do túnel da Caniza,

cos seus dous kilómetros e medio,

e que polo visto o fixo Alguén

no día da inauguración,

tras muitísimas e fatigosas visturias.

Cando crucei a Porta

dei un vasto paso cara a profundidade

dos tempos, e a vertixe

que sentin, se fora de noite,

ou en soño, podia comparar-se

ao paso que algunha vez deu

Athanasius Pernath, cando

semellaba descaír cara adiante,

obnubilado polo Golem.

Eu, ao tempo que a fachada,

pareceume cair cara adentro,

cara ao pasado das idades

e as nubes das xeracións.

 

francisco candeira

Deixar un comentario