.
OU POEMA PARA CELSO EMILIO FERREIRO
.
Compostela demórase e resoa
en longo eco de pedra, en eco longo
vai na noite estrelada camiñando
e tarda camiñando
por entre a noite longa
Celso e a cidade soa
Pois un gato infindable afogado
maiando a Eternidade, Celso Emilio,
trae pedra pendurada á gorxa, o eco
resoa o paso seco
de andar excelso, idilio
en reixa aferrollado
que nos volve lonxana chuvia lenta
loita esteada en cárceres
torres xuntando estrelas e reclamando xente anterga, xente
felina liberdade, ese camiño…
Entre Rúas de soños, fero azul da Quintana ergueita, arcadas
en pedra retumbando un berro longo.
francisco xosé candeira
