PARA ELA, EN LISBOA

.

                  PARA ELA, EN LISBOA

 

Ela é leda e mariñeira

moi alba e ben asombrada:

que muda a xerfa mareira

en ás de seda soñada.

 

Ela é lizgaira e alfareira

moi branca e ben entendida:

que troca a arxila da eira

en luz de cousa florida.

 

É unha alma marela e malva:

que leu a Pessoa en Lisboa

e o “Fra Vernero” en Trasalba.

A Febo e a Baco entoa.

 

FRANCISCO XOSÉ CANDEIRA

 

Deixar un comentario