SOLILOQUIO DUN CIDADÁN DE LISBOA

.
“Pero eso le ocurría siempre en Lisboa:
no acertaba a distinguir entre
el desconocimiento y el recuerdo
(A. Muñoz Molina. El Invierno en Lisboa)
a RUI FILIPE FLORENTINO
Procura pouco a pouco as máscaras do soño
que ascenden en noite promisoria
por unha ponte intensa de pilastras de néboa
e arcos voadores.
Que ascenden ou xa non.
Esquece podre Morte e catedrais perfeitas.
Non saben estas pombas de altos ceos.
Camiña e nace sempre:
!loce tan preto o teu pranto primeiro!
Outra vez aquí o Destino dos homes,
o delirio silandeiro, a raigame da luz:
as ruelas de brillo arcaico e húmido.
¿Camiñas e non sabes distingui-
lo descoñecemento do recordo?
Si, estás en Lisboa:
Bairro Alto, Alfama, A Graça,
os barcos insistentes, os andares
diversos do Pessoa,
poeta viaxeiro do misterio,
pantasma das cidades inconclusas.
francisco xosé candeira
Esta entrada foi publicada en
Uncategorized.
Ligazón permanente.