MENTRES CAMIÑAS POR LISBOA

.

Mentres camiñas por Lisboa

lembra o que sabes de Prisciliano

Someterse á maxia é crebar

a cadea das horas

Pombas espellos coxas un certo ángulo

É demasiado feble a reixa para

un soño ilícito

herexe avesedo

indica con figura xeométrica

o incerto o vago a desmedida ausencia

Despois converte as cores

en branco solidario

(loitando loita sempre)

Nacerá entón a luz nas pegadas

mentres camiñas por Lisboa

 

francisco xosé candeira

 

Deixar un comentario