!Peirao de Ulises, Belém da Victoria,
lonxano mar amigo, ardente adeus,
nao luminosa en lúcida memoria!
Tamén nos trae a nidia luz de Deus
estoutra patria en pedra: anterga historia,
infinita pegada en soños meus,
Rúa Nova noiva, Pórtico da Gloria…
!E vexo un alto mar nos ollos teus!
Se olvido Porto e paso Pontevedra,
se non deixo a alma miña alá ancorada,
se toco no teu Templo a verde hedra,
se olvido argazo e o meu sangue medra
aínda, coma un canto na alborada,
amo en ti, Compostela, un mar de pedra.
francisco xosé candeira
.
