Francisco X. Candeira
Extraído da sua obra “Na forxa do soño”
MONOLOGO
Pensar que te amo neste outono ardente
cando abren os ourizos dos castiros
cando procuro a cor dun soño antigo
na chuvia que cae maina pola tarde
cando persigo os teus beizos vermellos
pra ensinárenme a verba clara e certa
das paisaxes que viron os teus ollos…
Cando contemplo a chuvia entre os cristais
da xanela que olla cara ó val
poboado de veigas e regueiros
digo que te amo neste outono ardente.
