(Manuel Vicent, A favor del placer, 1993, p.240, Un breve artigo no que sitúa o sentido do tacto na xénese do pensamento, a sensibilidade e o espíritu)
Grazas ao desenvolvemento do dedo polgar, que converteu a man nunha grampa, certo mono puido un día coller un pau e con el comezou a xogar. Aconteceu hai un millón de anos. Este xogo excitou o cerebro daquel primate, que se fixo enseguida fabricante de armas. A intelixencia sobreveulle mentres tallaba toscamente a machada de pedra ou a consabida queixada de asno, pero este creador non aprendeu a acariñar a súa obra ata que a palma da súa man, perdendo todo o pelo, non se volveu sonrosada. Na evolución da especie hai un momento sagrado; aquel en que certo mono pasou por primeira vez con suavidade as xemas dos dedos por unha superficie e sentiu un pracer indicible. A través da pel, esta emoción do tacto incorporou a materia ao espíritu, e dende entón o home, cando acariña outro corpo, sóñao. Se a acción da man enxendrou o pensamento, o delicado roce da pel foi alimentando a sensibilidade do ser humano (…).
Hai materias cargadas de soños: o ámbar, o ébano, as noces do sándalo, o marfil, certa carne amorosa, a porcelana fría, a culata dalgúns revólveres, a seda que se adapta aos pregues do aire ou o liño que vestiron os deuses cando eran xoves, calquera coitelo que matara.
Unha existencia marabillosa pode transcorrer sen pensar nada, nutríndose só da enerxía que despiden certos obxectos ao acaricialos. Talvez unha vida enteira xustifícase con este feito tan simple: deslizar a man por unha xerra da dinastía Ming, percorrer sutilmente coa xema do índice o fío dunha navalla, deixar que se pousen sobre a palma feminina uns testículos de mármol esculpidos por Fidias, o corpo perfumado dalgún libro, a caoba do salpicadeiro dun Rolls-Royce, unha machada de sílex en forma de corazón, os panos de todas as cerimonias, os ídolos. Canda acaricias eses obxectos, soñas, e á vez, dentro do pracer que produce o seu tacto, por el eres creado.
Categorías
Arquivo
- Agricultura Alimentación Anonymous Arquitectura Astronomía Blogs para curiosear Bos desexos Cerebro Cine Darío e Breixo Economía Educación Frutais Futuro Historia Humor Indignados Libros Lingua Literatura Medios de comunicación Monte Comunal Natureza Poesía Política Procomún Publicidade Sidra Socioloxía Software libre Tradicións Viaxes Xadrez