Arquivos mensuais: Marzo 2012

Rebelación

https://guilladenses.com/wp-content/uploads/2012/03/publicacic3b3n-rebelaos-28baja-resolucic3b3n29.pdf

Se pinchades aí ides descubrir o xerme dunha nova clase de seres deste planeta que queren vivir sen tanto capitalismo financieiro. É complicado que trunfen, tan sequera que isto vaia máis alá de meras ideas humanizadas. Mais vale a pena saber que hai quen pensa diferente.

Materias cargadas de soños

(Manuel Vicent, A favor del placer, 1993, p.240, Un breve artigo no que sitúa o sentido do tacto na xénese do pensamento, a sensibilidade e o espíritu)
Grazas ao desenvolvemento do dedo polgar, que converteu a man nunha grampa, certo mono puido un día coller un pau e con el comezou a xogar. Aconteceu hai un millón de anos. Este xogo excitou o cerebro daquel primate, que se fixo enseguida fabricante de armas. A intelixencia sobreveulle mentres tallaba toscamente a machada de pedra ou a consabida queixada de asno, pero este creador non aprendeu a acariñar a súa obra ata que a palma da súa man, perdendo todo o pelo, non se volveu sonrosada. Na evolución da especie hai un momento sagrado; aquel en que certo mono pasou por primeira vez con suavidade as xemas dos dedos por unha superficie e sentiu un pracer indicible. A través da pel, esta emoción do tacto incorporou a materia ao espíritu, e dende entón o home, cando acariña outro corpo, sóñao. Se a acción da man enxendrou o pensamento, o delicado roce da pel foi alimentando a sensibilidade do ser humano (…).
Hai materias cargadas de soños: o ámbar, o ébano, as noces do sándalo, o marfil, certa carne amorosa, a porcelana fría, a culata dalgúns revólveres, a seda que se adapta aos pregues do aire ou o liño que vestiron os deuses cando eran xoves, calquera coitelo que matara.
Unha existencia marabillosa pode transcorrer sen pensar nada, nutríndose só da enerxía que despiden certos obxectos ao acaricialos. Talvez unha vida enteira xustifícase con este feito tan simple: deslizar a man por unha xerra da dinastía Ming, percorrer sutilmente coa xema do índice o fío dunha navalla, deixar que se pousen sobre a palma feminina uns testículos de mármol esculpidos por Fidias, o corpo perfumado dalgún libro, a caoba do salpicadeiro dun Rolls-Royce, unha machada de sílex en forma de corazón, os panos de todas as cerimonias, os ídolos. Canda acaricias eses obxectos, soñas, e á vez, dentro do pracer que produce o seu tacto, por el eres creado.

AS GRANDES DERRAPAGEMS NAS OBRAS PUBLICAS


Este fenómeno moderno, que se camufla dentro do pandemónio que son as economias capitalistas Neo-Liberais, tem como propósito oculto a financiacion fraudulenta dos partidos políticos, sobre tudo daqueles que fundamentan o sistema actual, pois desta maneira se manipula e atrapa nunha rede, toda a camarilha clientelar.
As arcas públicas, soportan constantemente obras faraónicas, que se dilatan no tempo e no espaço. Unha obra inicialmente orçamentada para vinte milhons de euros, pode incrementarse miraculosamente e vir alcanzar cumbres de oitenta milhons de euros, mas o mais grave, é que, certos angariadores de financiacion partidária, chegan a embolsar comisions do quarenta por cento do montante desviado.
Claro esta, que com estes políticos, e com este rexime, nada de bom se pode esperar, e que estas belas xentes som capaces de tudo. Por outra parte, o retraso mental da povoacion civil, continua alimentando unha maquinária, que mais tarde ou mais cedo se voltará contra todos nós.

Léria Cultural

O XAPON BANANERO

O estado de paralisía mental, na que se encontra súmido o Xapon, tanto o goberno como a sociedade nipónica, saíu totalmente á superfície nesta calamidade  natural e conseguinte catástrofe industrial, pois foi a segunda a que maior perigo representa, e a que atenazou os cerebelos.
A peticion de líquido para refrixerar o reactor, aos Norte Americanos, non facia prever nada de bom neste assunto. Todas estas manobras de combate ós incendios com helicópteros, semelhaban talmente a nossa triste realidade Galega, helicópteros, agua, bombeiros, incompetencia manífesta para facer frente a algo previsivel, que se sabia poderia acontecer.
Hoxe em dia, non recomendaria nem ó pior inimigo meu que se metera bombeiro, pois é unha das profissions mais perigosas que escolherse pudera. Alargado o seu aproveitamento para todas as tarefas imaxináveis, desde a intromision na sanidade pública, até á fúncion de “Martir-Kamikaze”, um homes que valen para tudo, e com a ventaxa super-competitiva de que muitos deles son voluntários, isto é que non se lhes paga nada ou quasi nada.
O estado Xapones navega á deriva, e non parece capaz de resolver nada, balbucea incongruencias carentes de sentido comun, posterga a solucion para a axuda internacional, como costuman tradicionalmente facer todos os “Bananeros”, e a morte acompanhada pela estúpides alastran como o hidroxénio, por todos os cantos do universo.

Léria Cultural

FOMENTO DA LITERATURA

     O BEM AMADO

Sob o título Odorico, o Bem-Amado e os Mistérios do Amor e da Morte, peça teatral representada pela primeira ves em 1969, em Recife, pelo teatro de Amadores de Pernambuco. Mas foi na pequena pantalha, em forma de novela, que o texto de Dias Gomes ganhou popularidade nacional e internacional, súceso que abríu á Televisao Brasileira as portas dos mercados além-fronteiras.
Esta maravilha, da que tivemos a fortuna de disfrutar durante meses, á hora da ceia em Guilhade, nos transportava para a nossa propria realidade quotidiana, toda a barafunda política dum cacíque de províncias, que semelhava talmente o Alcalde de nosso Concelho. Este personaxem, tan real como a vida mesma, tivo a xenial ídeia de construir um soberbo cemíterio novo. Mas verdadeiramente as dificuldades xúrdiron á hora da desexada inauguracion, pois por putadas cabronas do destino, que non permitia que ninguem morrese.
Esta sequia de difuntos, porem non desanimou o nosso Odorico, que decídiu dar um xeito no assunto. Despois de ter cabiladolargamente, pensou contratar um “Cangaçeiro” conhecido como “Zeca Diabo”, e ó mesmo tempo foi semeando inquina,para ver se algunha situacion explosiva, lhe fornecia o desexado fiambre. Vários tiroteios e rixa pancadaria, incompreensibelmente non dexeneraron nunha matanza colectiva, mas víctimas o que se dí víctimas,nada.
Mas a Xustiza, ainda que cega e coxa vinha chegando, que non sempre súcede así, o nosso bem amado Odorico, xá consideralvelmente irritado com o “Xagunzo”, perante  a sua inóperancia, acabou por recibir um tiro perdido que o fíniquitou defínitivamente, tendo graças á incompetencia xeral que ser el próprio a inaugurar a sua grande obra mestra.
O mais esperpêntico de toda esta história, foi, que o seu discurso funerário tivo que ser pronúnciado por unha oposicion política, que despois de haber padecido tantas canalhadas pela sua parte, por forzada solidariedade institucional o cognomizou como Odorico o Grande, o Bem-Amado. ¡¡ Cousas da Vida !!

Léria Cultural

(DOCUMENTACION REVISTA BREIXO MARZO-2011)