Arquivos diarios: 18/12/2011

HAI ALTERNATIVAS : propostas para crear emprego e benestar social en España

Libro escrito por Vicenç Navarro, Juan Torres López e Alberto Garzón Espinosa, e prologado por Noam Chomsky. Editado por ATTAC España. Ten 225 páxinas.

A partir da páxina 210, o libro presenta 115 propostas concretas, referidas principalmente aos ámbitos económico e político, pero tamén ao ámbito social e educativo entre outros.

Hay-alternativas (descargar documento)

LIBRO DE CONTOS: Letra en Obras

Dezasete autoras e autores de case outras tantas bisbarras do país, xente moza de entre os 20 e os 30 anos de idade, que nos achegan un monllo de historias breves que de seguro non han deixar o lector indiferente.

Letra en Obras arela ser unha ponte aberta entre os novos creadores e o público. A escrita de calidade tamén se move á marxe dos flashes, dos congresos, das cátedras… e este mosaico quere ser o escaparate desoutra literatura que xa está aquí.

Letra_en_Obras  (para descargar, 65 páxinas)