Esta semana lin dous libros de Lipman, El descubrimiento de Harry Stottlemeier (para nenos/as de 11-12 anos) e Suki (11-15 anos). O primeiro libro, publicado por vez primeira en 1969 é o título central do Programa de Filosofía para Nenos, utilizando unha metodoloxía baseada no diálogo introduce aos alumnos/as no desenvolvemento da lóxica formal. O segundo libro, publicado en 1978, pode entenderse como un taller de poesía, trata cuestións de estética sobre a prosa e a poesía. Suki cuestiona e reflexiona sobre o “sentido” en todas as súas formas; explora tamén, entre outras cuestións, cómo e por qué escribir, qué recursos se utilizan e se é necesaria a experiencia para ter algo sobre qué escribir. É un libro que anima a escribir a todo aquel/a que non se sinta capacitado e non confíe en si mesmo/a.
Como valoración global gustáronme os libros, a pesar de que nalgún momento fixéronseme algo áridos, en todo caso acabaron enganchándome, especialmente o de Suki. Recoméndoos para calquera persoa interesada na educación e que crea que é unha boa causa traballar pola promoción do pensamento crítico e reflexivo no alumnado de primaria e secundaria.
Matthew Lipman (24 de agosto 1922 – 26 de decembro 2010) foi un filósofo, educador, lóxico e investigador estadounidense. Lipman foi o iniciador, o teórico e o líder no desenvolvemento da filosofía para nenos. O seu traballo tivo por obxectivo promover o ensino xeneralizado da filosofía e unha adaptación do concepto da capacidade de pensar por sí mesmo. Lipman desenvolveu unha teoría e práctica, inspirada no traballo de John Dewey, que se convirte en totalmente innovadora: creación dun pensamento racional e talleres creativos a través dunha discusión filosófica (para nenos ou adultos). O conxunto apóiase nas novelas filosóficas (“narrativa manual”) e libros (“guías didácticas”). A súa primeira novela filosófica, El descubrimiento de Harry Stottlemeyer, para nenos de 10 anos, describe as etapas para chegar á lóxica formal. (Extraído da Wikipedia)
O programa de Lipman está descrito por unha das súas colaboradoras, a arxentina Stella Accorinti, do Centro de Investigacións no Programa Internacional Filosofía para Nenos (CIFiN).
Na web de Antroposmoderno.com, a autora ten publicado un breve ensaio onde relaciona as figuras de Paulo Freire e de Lipman.
Engadimos dúas recensións en memoria de Lipman atopadas en sendos blogs:
Ha muerto Matthew Lipman (Blog de Rafael Robles)
