Hai poucos días descubriuse unha supernova na galaxia M101 en Osa Maior. A noticia aparece recollida no diario El Pais, onde se sinala que a comezos de setembro será visible inclusive con prismáticos!
Vou recomendar un libro. Excelente novela. Extensa (737 páxinas, das que lin 300). Aomame e Tengo. Dúas vidas paralelas, que van converxendo ata o momento final. Tengo é un profesor de matemáticas e escritor de novelas. Aomame é adestradora de artes marciais e asasina profesional. Moi boa caracterización e psicoloxía dos personaxes. Erotismo e sexualidade. Misterio e intriga. Comunas e sectas relixiosas. Moi imaxinativa. Referencias a 1984 de George Orwell. Hai unha soa Realidade? Atrapa na lectura como unha tearaña a unha mosca.
Se o pensamos ben, poucos alimentos ou produtos considerados “tradicionais” conservan tantas esencias da nosa historia como o pan, xa non tan só pola indiscutible importancia na nosa dieta e supervivencia, senon como un elemento único arredor do cal se constituía toda unha rede de infraestruturas (muíños, fornos…) e traballos comunitarios (a malla, a sega…) que xunto ao viño, deron lugar a unha consolidada tradición e tarefas asociadas, pero que a diferencia do que pasa con precisamente o viño -onde aínda se elabora de forma artesán en moitas casas, coa correspondente conservación de elementos (adegas, pipos, lagares…) e traballos (a vendima, o augardente…)-, o pan feito de forma caseira ou artesanal desapareceu en boa medida da meirande parte das nosas aldeas e casas.
Porén, en Guillade aínda temos a sorte de contar con algún exemplo de mestras “panadeiras” que fan ou cocen o seu propio pan, neste caso de millo, co valor engadido de botar e moer tamén o propio gran, un gran que de non ser tamén por persoas como ela a día de hoxe non sería fácil de atopar, xa que se precisa un millo de “gran branco”, moi diferente do amárelo e estandarizado destinado a consumo animal (unha opción sería comprar directamente a fariña milla, que foi o que fixemos neste caso coa fariña de centeo aquí empregada).
INGREDIENTES:
Neste caso (e sempre a ollo), empregáronse para a elaboración de pan de millo:
-2 kg de fariña milla e uns 250 grs. de fariña de centeo –este cereal liga mellor coa fariña triga que outros tipos de fariña-).
-40 grs de fermento (o fermento váise renovando cun pouco de masa xa feita, engadíndolle un pouco de vinagre e levadura; tradicionalmente conservabase envolta nunha berza dentro da artesa).
-3,5 litros de auga e sal.
*Cabe dicir que se ben neste caso, únicamente se botou menos dunha cuarta parte de fariña de centeo, o etnógrafo Xaquín Lourenzo, na súa obra <<Os Oficios>>, asegura que: “A fariña milla rara vez vai sen mistura da centea, en proporcións que oscilan antre mitade e mitade e tres coartos de centeo e un de millo”.
PREPARACIÓN DO PAN:
Unha vez que comeza a ferver a auga e cando se vai engadindo pouco a pouco á fariña milla, mezclándose cun cucharón de pau; posteriormente bótase a faiña de centeo e a continuación o fermento xa disolto en auga quente.
Cando xa está todo ben misturado é cando se pasa a amasar coas mans e a darlle forma, deixándoo a masa repousar cuberta cun pano. Tradicionalmente, había casas nas que se facía unha cruz na parte superior do bolo (unha forma de bendecir o alimento?).
Aproximadamente unha hora despois de repousar e fermentar a masa, cóllese unha cunca –preferiblemente de madeira, igual que para deixala repousar- para “petelear” a broa con xeito e agarimo.
PREPARACIÓN DO FORNO:
Antes que nada cumpre enceder o forno con leña dabondo (un capacho neste caso) para que vaia aquecendo e collendo a temperatura necesaria; evidentemente canta máis leña se meta antes cocerá o pan. Así pois, mentres se vai amasando e repousando a masa as brasas vánse formando e espallando no forno cun pau chamado “rascalleiro” ou “atizador”.
A miúdo era normal tamén pór na porta do forno unas pequenas “petelas” finas e delgadas chamadas “bolos do forno”, que se facían en moito menos tempo con brasas suficientes, e para nin as que era preciso pechar a porta do forno para a súa preparación.
Unha vez sacadas as brasas do interior do forno, cunha “basoura artesán” de fentos e o “rodo” -un pau específico para esta función- é cando se introducen
as
broas coa pá e se pecha ben a porta cun barro específico chamado xabre para evitar a perda de calor, agardando durante 1:30h aproximadamente a que o calor acumulado nas pedras do forno (tixolos refractarios) cozan o pan.
Antigamente para sacar as brasas e barrer as cinzas, tamén se empregaba nalgunhas zonas o “barredouro”, que era un pau con panos e farrapos mollados envoltos. De igual xeito, tamén había casos nos que se tapaba a porta do forno con bosta amasada e auga, ou con masa sobrante.
Rematei de ler recentemente este clásico da literatura hispana, escrito por Gabriel García Márquez. Gustoume e valóroo moito. Recoméndollo a calquera lector/a de 16 anos para adiante como unha das súas lecturas imprescindibles. Nesta obra nárrase a historia de Macondo e da familia Buendía ao longo de 100 anos e das 6 xeracións que se suceden nese período, desde que José Arcadio Buendía funda Macondo logo dunha longa travesía pola selva con afán explorador. Sucédense nese período un sinfín de acontecementos que levan a Macondo ata os seus momentos de máximo esplendor e dende alí ata a súa extinción. A obra pode interpretarse (entre outras mil maneiras) como unha alegoría da historia da construción de Sudamérica, da man duns personaxes que representan a alma sudamericana, uns personaxes cargados dun impulso vital desbordante, ao tempo que de contradicións insuperables, e que se enfrontan cunha realidade máxica, cargada de misterio, de emoción, de sexualidade, pero tamén dura, cruel e aniquiladora.
Esta semana lin dous libros de Lipman, El descubrimiento de Harry Stottlemeier (para nenos/as de 11-12 anos) e Suki (11-15 anos). O primeiro libro, publicado por vez primeira en 1969 é o título central do Programa de Filosofía para Nenos, utilizando unha metodoloxía baseada no diálogo introduce aos alumnos/as no desenvolvemento da lóxica formal. O segundo libro, publicado en 1978, pode entenderse como un taller de poesía, trata cuestións de estética sobre a prosa e a poesía. Suki cuestiona e reflexiona sobre o “sentido” en todas as súas formas; explora tamén, entre outras cuestións, cómo e por qué escribir, qué recursos se utilizan e se é necesaria a experiencia para ter algo sobre qué escribir. É un libro que anima a escribir a todo aquel/a que non se sinta capacitado e non confíe en si mesmo/a.
Como valoración global gustáronme os libros, a pesar de que nalgún momento fixéronseme algo áridos, en todo caso acabaron enganchándome, especialmente o de Suki. Recoméndoos para calquera persoa interesada na educación e que crea que é unha boa causa traballar pola promoción do pensamento crítico e reflexivo no alumnado de primaria e secundaria.
Matthew Lipman (24 de agosto 1922 – 26 de decembro 2010) foi un filósofo, educador, lóxico e investigador estadounidense. Lipman foi o iniciador, o teórico e o líder no desenvolvemento da filosofía para nenos. O seu traballo tivo por obxectivo promover o ensino xeneralizado da filosofía e unha adaptación do concepto da capacidade de pensar por sí mesmo. Lipman desenvolveu unha teoría e práctica, inspirada no traballo de John Dewey, que se convirte en totalmente innovadora: creación dun pensamento racional e talleres creativos a través dunha discusión filosófica (para nenos ou adultos). O conxunto apóiase nas novelas filosóficas (“narrativa manual”) e libros (“guías didácticas”). A súa primeira novela filosófica, El descubrimiento de Harry Stottlemeyer, para nenos de 10 anos, describe as etapas para chegar á lóxica formal. (Extraído da Wikipedia)
O programa de Lipman está descrito por unha das súas colaboradoras, a arxentina Stella Accorinti, do Centro de Investigacións no Programa Internacional Filosofía para Nenos (CIFiN).
Que papel xoga o fútbol e por extensión o deporte de masas na sociedade actual? É realmente o equivalente actual ao circo romano?
No xornal Faro de Vigo publícase unha entrevista ao ex-xogador de fútbol do Sporting de Xixón Javi Poves (1986), que con 24 anos deixou o fútbol por motivos ideolóxicos.
“-Interesa tener a todo el mundo distraído. Es una salvajada. No ponen más porque la semana tiene siete días.”
Foi un pracer ter asistido ó taller de Julia Bouza e escoitar a esta escritora natural de Guillade. Enlazo aquí o seu blog, http://juliabouza.blogspot.com/2005/02/cuando-el-mundo-era-un-tringulo_27.html onde temos a oportunidade de coñecer a esta muller posuídora dunha rica bagaxe que xenerosamente compartiu con nós a semana pasada no taller de contos organizado aquí en Guillade.
Un par de anos despois de que varios usuarios do campo de futbito de Guillade tentara sen éxito (a través da venda de bolígrafos e chisqueiros) obter fondos e apoio para adecentar e mellorar dita instalación deportiva, a Asociación “O Arrasta” acaba de levar a cabo unha importante obra no seu entorno, coa plantación de árbores e bambáns para os nenos.
Agora só queda esperar que as árbores medrén o antes posible para proporcionar unha boa sombra que se agradecerá co paso do tempo, así como que os vándalos respecten a instalación e non obvien o que pón o letreiro alí colocado: “Non botar escombro” (nen lixo), algo por desgraza bastante habitual noutros puntos da nosa parroquia.
“Guillade e a súa Historia” é o nome que recibe o ciclo de conferencias que acaba de comezar no Local de Veciños da man da Asociación S. Gregorio. A xornada de inauguración contou coa presencia do investigador Juan Martinez Tamuxe, quen falou ante unha numerosa audiencia da pegada da cultura cultura castrexa e a súa evolución en séculos posteriores en Guillade, centrando boa parte da súa charla nos restos arqueolóxicos de Sta. Leocadia.
O ciclo de conferencias continuará en vindeiras datas con novas temáticas e convidados como o profesor e autor de varios libros “Pancho” Candeira, quen abordará a época da II República; así mesmo tamén se atopa no programa de actividades tratar temas tan próximos a moitos de nós como a emigración a Lisboa.
Unha das caracteristicas mais entranhadas no ser arcano dos Galegos, son as abaladas durante o crú xelo invernal, cara as lonxanas e demoradas viaxens.
Atraves do espaço infinito sem tempo, pois parece ser, que á velocidade da lus, o tempo inexoravelmente se deten.
Non queremos aqui falar daqueles que van para roubar, porque é cousa de xentes pobres e ordinarias, senon dos que doan o que de mais valioso atesouran, sendo o dar o verdadeiramente gratificante, ó contrario do que muita alma pensa.
Percorrendo o abismo cósmico, até as Galaxias mais velhas e distantes dos confins do universo, das quais um ignora quase tudo, incluso se algunha ves retornará.
Intentando adivinhar o Macro-Cosmos, atraves das pequenas cousas que nos rodean, e dos seus segredos mais ínfimos.
Ó final, por fim un dia largamente desexado, como se do Planeta dos Simios se tratara, e guiados pela amada estrela de Prisciliano