Papiroflexia

A papiroflexia ou origami (vocablo xaponés) é a arte do pregado do papel. É longo o camiño que teremos que percorrer desde que fagamos o primeiro pregue nun papel ata que poidamos elaborar por nós mesmos un deseño creativo e tecnicamente ben elaborado que poida considerarse unha obra artística. Será máis que nada cuestión de práctica,  pero tamén necesitaremos ter as ideas que nos den a ilusión para seguir intentándoo, un certo gusto creativo e o placer polas cousas ben feitas. As habilidades restantes poderán aparecer por si mesmas: a capacidade de concentración, a paciencia, a precisión nos pregues,..

Para comezar podemos facelo con cousas divertidas e moi sinxelas, como por exemplo o helicóptero que… ¡vas ver como voa!!

helicopter_origami.jpg

Na Galipedia podemos encontrar un repaso pola historia deste arte milenario xaponés, seguindo a súa evolución tanto en Xapón como en Occidente.

Na web de Papiroflexia.net atopamos unha excelente revisión histórica da papiroflexia así como uns contidos básicos sobre as bases utilizadas.

A web de Origami Club parécenos excelente para principiantes, pois ofrécenos multitude de modelos organizados en moitas categorías (animais, flores, peixes…) e clasificados tamén polo seu grado de dificultade. Ademais, para construír calquera modelo podemos dispoñer do esquema gráfico, dunha animación ou ás veces tamén de vídeos.

Na web de Ikkaro ofrecen unha lista de figuras enlazadas a vídeos de youtube, onde pode verse como se realizan.

No blog persoal de David Alayón, Pisito en Madrid, atopamos unha ampla sección dedicada ao origami, onde destacan as curiosidades de maestros do origami que nos deixan completamente abraiados.

A web de Kabytes.com ofrécenos un listado de sitios onde podemos seguir aprendendo e practicando a elaboración de origamis. A imaxe de abaixo está enlazada desa web.

Na mesma web aparece referenciado o seguinte vídeo, toda unha metáfora poética sobre o mundo da papiroflexia.

Papiroflexia from Joaquin Baldwin on Vimeo.

Deixar un comentario