Arquivo por etiquetas: Socioloxía

O declive do ciclo socialdemócrata

Interesante artigo de Enrique Gil Calvo, publicado no diario El País.

Nel fai un resumo, a partir dun par de libros publicados, dunhas teorías sociolóxicas que aventuran o fin do ciclo socialdemócrata que dominou en Europa despois da segunda guerra mundial ata os nosos días.

Comeza do seguinte xeito: “¿Asistimos al final del ciclo histórico de hegemonía progresista? Para entender la decadencia de la socialdemocracia puede ser útil atender los planteamientos sociológicos de Colin Crouch (La postdemocracia, Taurus, 2004) o Emmanuel Todd (Después de la democracia, Akal, 2010), que analizan su declive en clave infraestructural. Según esta perspectiva, por socialdemocracia puede entenderse la coalición histórica que se construyó entre el movimiento obrero organizado y las nuevas clases medias de funcionarios, empleados de servicios y profesionales por cuenta ajena (no confundir con las viejas clases medias de agricultores, comerciantes, artesanos y profesionales autónomos)”. Continuar lendo en El País.

A civilización do espectáculo

Recollemos unha entrevista a Mario Vargas LLosa, no diario El País, con motivo da publicación do seu libro “A civilización do espectáculo”.

(Mario Vargas Llosa en su casa de París en 2003. / DANIEL MORDZINSKI)

Nela, o autor fai unha crítica da banalización da cultura actual, da perda de valores da cultura clásica, en beneficio do reinado universal do entretemento.

Contrariamente á ilusión de que o acceso dunha gran parte da poboación mundial á cultura clásica ía mellorar a humanidade, sucede todo o contrario, é a condición humana actual a que devora á cultura clásica e que trivializándoa e banalizándoa convértea en frívolo espectáculo e pasatempo.

A terra ten nome de muller

Aborda o traballo da muller no campo. Nos anos 60, a emigración do campo á cidade xerou en España unha masculinización destas áreas, xa que as mulleres atopaban máis facilmente traballo nas cidades. Algunhas saíron para traballar, outras para estudar.

La tierra tiene nombre de mujer.