(Invitamos a ler este artigo publicado no xornal El Huffginton Post)
Está o mellor profesor do mundo en España? César Bona García é mestre no colexio público Puerta Sancho de Zaragoza, ten 42 anos, é licenciado en Filoloxía Inglesa e convertiuse no único español seleccionado para o Global Teacher Prize, considerado o nobel do ensino e dotado cun millón de dólares.
Con data do 3 de febreiro emitiuse en La Sexta o programa dedicado ao estado da educación en España. Comeza Jordi Évole debuxando o panorama da educación, e en particular da escola pública, mediante unha entrevista a Xurxo Torres (catedrático de educación na Universidade de A Coruña) e outra a Francesc Freixanet (director dunha escola pública en Cataluña). Na segunda parte do programa viaxa a Finlandia para estudar a realidade educativa nese país e comparala coa realidade española. Acompáñase dunha entrevista a unha profesora finlandesa dunha sección bilingüe en español e a un profesor español que traballa en Finlandia. O contraste entre o sistema educativo dos dous países é moi grande (e tal vez tamén o propio sistema social). O programa remata cunha frase moi emotiva.
Este programa ofrece unha invitación para reflexionar sobre cuestións básicas, como a formación do profesorado e o seu prestixio social, o compromiso político por un modelo educativo a longo prazo, o papel das familias como educadores, etc.
A Educación Prohibida é unha película documental estrenada no mes de agosto de 2012, dirixida polo realizador arxentino German Doin. Cunha duración de dúas horas e media, e cun formato centrado en entrevistas, é unha invitación á reflexión sobre o papel da escola e dos educadores na sociedade actual.
Na película trabállase material de pedagogos, sociólogos, educadores, semiólogos, filósofos. Algúns nomes son: Erich Fromm, Michael Focault, Ivan Illich, Jean Piaget, Paulo Freire, María Montessori, Ken Robinson, John Taylor Gatto, Jiddu Krishnamurti, Alexander S. Neill, Rebecca Wild, Lev Vigostky, Humberto Maturana, Howard Gardner, entre outros.
Este artigo explica como o sistema educativo reproduce a polarización social a través da transmisión de valores que cambian segundo as distintas clases sociais do país.
E tamén comezou a ler as súas primeiras palabras: PAPA, MAMA, SAPO, SOPA, PATO, TOMATE… e outras algo máis difíciles, como SOL, PINICO, LEITE, COCHE, BARCO, TREN, FLOR, BOCADILLO… E todo isto dun xeito bastante espontáneo, despois de innumerables horas compartidas con papá e mamá diante dos libros, especialmente dos contos e dos dicionarios de palabras.
E aproveito para publicar unha reflexión sobre a lectura, e sobre en qué consiste ler. LER consiste en DESCUBRIR SIGNIFICADOS. Significados sobre os que previamente o neno debe ter unha experiencia vital, unhas emocións asociadas, unhas intuicións, porque os significados son a consciencia da vida. Ler é unha actitude, unha disposición, unha inclinación do ánimo ou da vontade. Un lector é un cazador na busca de significados, pero de significados que xa están representados dalgún xeito na súa mente. Un bo cazador sabe de antemán as rutinas da súa presa, é capaz de predecir por onde pode andar e permanece ao axexo coas trampas tendidas esperando atrapala. Un bo lector ten que partir dunha idea sobre o significado que busca, e partindo desa idea élle fácil cazalo representado nunha palabra escrita.
Un xeito de traballar isto traducido a un exemplo práctico pode ser o seguinte: unha vez que o neno coñece as letras do abecedario e é capaz de comezar a asociar as vocales coas consoantes para formar as sílabas, escribimos unha lista de palabras, en maiúsculas, e propoñemos ao neno adiviñar o que din. Para iso damos pistas sobre o seu significado, e coa palabra diante, esperamos que sexa capaz de lela. Se o consegue, o neno quedará marabillado co poder das palabras, coa maxia das palabras e aprenderá a ser un cazador de palabras. E máis adiante un cazador de frases, e despois un cazador de ideas e significados máis completos. Irá sempre por diante das letras e das palabras escritas no texto, buscando só a confirmación dos seus descubrimentos ou das súas hipóteses.
E digo isto porque penso que hai un pecado moi corrente no ensino da lectura. Un falso ensino da lectura. Temos máis urxencia por ensinar a decodificar, a ler ao pe da letra, é dicir, quedando co nariz e os ollos pegados ás letras, sen dar ese paso necesario na busca do significado. Moitos nenos aprenden a decodificar, pero non a ler. E perden moitos anos da súa infancia correndo detrás das letras, preocupados por pronuncialas correctamente, e alleos aos significados. Só quen busca significados é capaz de lanzarse de cabeza ao mar do saber, sen importarlle se decodifica ben ou mal (pero sen querelo farao ben), porque anda encantado, como un poseso, detrás deses significados, dese mundo marabilloso que se desvela a cada instante. Ensinemos aos nosos nenos a ler!
En dúas décadas, Howard Gardner revolucionou a psicoloxía coa súa teoría das intelixencias múltiples. O seu traballo incidíu na mellora do sistema educativo e valeulle un recoñecemento internacional e numerosas distincións, entre elas, o premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais 2011.
Esta semana lin dous libros de Lipman, El descubrimiento de Harry Stottlemeier (para nenos/as de 11-12 anos) e Suki (11-15 anos). O primeiro libro, publicado por vez primeira en 1969 é o título central do Programa de Filosofía para Nenos, utilizando unha metodoloxía baseada no diálogo introduce aos alumnos/as no desenvolvemento da lóxica formal. O segundo libro, publicado en 1978, pode entenderse como un taller de poesía, trata cuestións de estética sobre a prosa e a poesía. Suki cuestiona e reflexiona sobre o “sentido” en todas as súas formas; explora tamén, entre outras cuestións, cómo e por qué escribir, qué recursos se utilizan e se é necesaria a experiencia para ter algo sobre qué escribir. É un libro que anima a escribir a todo aquel/a que non se sinta capacitado e non confíe en si mesmo/a.
Como valoración global gustáronme os libros, a pesar de que nalgún momento fixéronseme algo áridos, en todo caso acabaron enganchándome, especialmente o de Suki. Recoméndoos para calquera persoa interesada na educación e que crea que é unha boa causa traballar pola promoción do pensamento crítico e reflexivo no alumnado de primaria e secundaria.
Matthew Lipman (24 de agosto 1922 – 26 de decembro 2010) foi un filósofo, educador, lóxico e investigador estadounidense. Lipman foi o iniciador, o teórico e o líder no desenvolvemento da filosofía para nenos. O seu traballo tivo por obxectivo promover o ensino xeneralizado da filosofía e unha adaptación do concepto da capacidade de pensar por sí mesmo. Lipman desenvolveu unha teoría e práctica, inspirada no traballo de John Dewey, que se convirte en totalmente innovadora: creación dun pensamento racional e talleres creativos a través dunha discusión filosófica (para nenos ou adultos). O conxunto apóiase nas novelas filosóficas (“narrativa manual”) e libros (“guías didácticas”). A súa primeira novela filosófica, El descubrimiento de Harry Stottlemeyer, para nenos de 10 anos, describe as etapas para chegar á lóxica formal. (Extraído da Wikipedia)
O programa de Lipman está descrito por unha das súas colaboradoras, a arxentina Stella Accorinti, do Centro de Investigacións no Programa Internacional Filosofía para Nenos (CIFiN).
Este artigo propón introducir unha reflexión sobre a orixe do comportamento infantil, cunha pregunta de partida: os nenos e nenas xa nacen aprendidos no seu xeito de comportarse e pouco temos nós que facer como pais e nais, ou ben, pola contra, non fan máis que imitar o modelo que os seus pais e nais lle ofrecen? Deixamos de seguido algúns documentos que axuden a reflexionar, aínda que nós tamén tomamos partido.
Antes de máis nada merece a pena que nos paremos un minuto para ver un vídeo que invita a pensar, e que leva por título: A clave da educación dos nosos fillos
Poderíase comentar con carácter xeral que os nenos/as imitan os comportamentos dos seus pais e que en moi grande medida eles acaban sendo unha copia (imperfecta) de nós mesmos.
De seguido podemos ver outro vídeo na mesma liña, de 6 minutos de duración, dunha película italiana dos anos 60, titulada L’ educazione sentimentale, que resulta moi expresivo e simpático e que ademais tamén invita a reflexionar:
Hoxe na escola de pais e nais comentamos os modos de mellorar as condutas negativas dos nosos fillos e fillas. Para iso vimos que podiamos contar cos premios e os castigos. Como punto de partida recomendamos fixarnos o máis posible nos aspectos positivos e nas cousas boas dos nosos fillos/as e felicitalos diariamente por eses logros.
Ademais, debemos ter moito cuidado e ser conscientes de non poñer etiquetas aos nosos fillos e fillas (eres un desastre, eres tonto, eres vago…), e centrarnos só nas condutas e nos comportamentos. Lembrar que el ou ela son sempre persoas, pero que ás veces fan cousas mal, e esas cousas son as que teñen que mellorar.
Os nenos e nenas sempre buscan a nosa atención, (o noso cariño, o noso afecto… pero incluso os nosos berros ou malas palabras antes de sentirse sós) e utilizan todas as mañas posibles para conseguila. Se sendo bos e portándose ben non conseguen a nosa atención utilizarán os berros, os choros ou calquera outra forma de chantaxe emocional, e se nós os atendemos baixo esas circunstancias estaremos propiciando que utilicen esas malas condutas en toda hora e a todo momento. Podemos ver un exemplo simpático no seguinte vídeo localizado en Youtube:
As mellores estratexias que podemos utilizar para que aumenten as boas condutas son:
Reforzar as condutas positivas, especialmente con afecto e atención, pois esas son para todo ser humano as recompensas máis prezadas.
Modelar as condutas: nós temos que ser o exemplo e o modelo que o neno/a poida imitar.
E as estratexias para intentar eliminar malas condutas son:
Ignorar as condutas negativas, cando non sexan destrutivas, non facerlle caso para ver se así non se repiten, pois non obteñen o noso reforzo nin a nosa atención.
Tempo fóra dunha actividade, retiralo da actividade, e poñer ao neno/a por exemplo na “cadeira de pensar” (recoméndase con carácter xeral un minuto de tempo por cada ano do neno/a).
Para remodelar unha conduta podemos utilizar técnicas como a economía de fichas (con sistemas de puntos para premiar condutas que despois se cambian por premios) ou os contratos.
Na web de Guia infantil temos un vídeo explicativo das medidas que podemos levar a cabo diante do mal comportamento infantil. Con carácter xeral os castigos son un recurso que se debe utilizar o menos posible, e en ningún caso o castigo físico. (O vídeo dura 10 minutos).
De seguido recollemos unha selección de artigos da mesma web GuíaInfantil.com, relacionados con este tema: