Tradicionalmente, no ámbito rural, as casas tiñan uns chousos preto onde se cultivaban as verduras e hortalizas de consumo diario. O nome de chouso fai referencia a un espazo pechado, protexido con valos ou chousumes.
As hortalizas preferidas foron diversas variedades de crucíferas (berzas, nabizas, nabicol, repolos…), de solanáceas (tomates, pementos, patatas…), cucurbitáceas (cabazas de diversas especies…), leguminosas (fabas, ervillas, tirabeques, xudías verdes…), e liliáceas (allos, cebolas, cenorias…).
Nos últimos anos engadíronse ao consumo doméstico outras especies de fácil cultivo, como os calabacíns, pepinos, fresas, porros, remolacha, berenxena, rábanos, etc.
Imos tratar de reconstruír nesta páxina o ciclo anual de cultivo destas hortalizas. E levaremos adiante un traballo experimental con bancal profundo que tamén documentaremos.
O INVERNO
No mes de decembro tradicionalmente téñense sementado os allos e as fabas. Durante os meses de inverno a horta só acostuma ter crucíferas, tal como berzas ou nabicol. A partir de xaneiro botábase a semente das cebolas, pero agora xa se compran as plantas e plántanse a partir de marzo, e a partir de marzo tamén se sementan as cenorias.
No bancal con invernadeiro sementamos leituga de inverno no mes de xaneiro, e desde mediados de marzo dispoñemos de leituga para comer diariamente. Tamén plantamos fresas en xaneiro e están crecendo e comezando a botar flor.
PRIMAVERA
Xa algo adiantado o mes de abril, ou incluso a comezos de maio é cando se plantan as principais hortalizas da tempada, como son: os tomates, pementos de diversas variedades (de Padrón, piquillo, italianos, etc.), cebolas, porros, cogombros, calabacín, berenxena… e tamén cenorias e leitugas, que xa se sementaron no mes de marzo pero vólvense sementar para ir tendo, sobre todo as leitugas, durante a maior parte do ano.
Nesta época temos para consumir as crucíferas de inverno (navicol, berzas…), as leitugas, as fabas e tamén os tirabeques ou ervillas.
(Ver as demais imaxes pinchando na imaxe previa)
VERÁN
O verán é a época do ano na que maior produción se obtén da horta. Dende o mes de xuño podemos dispoñer das cenorias, e tamén das fresas. No mes de xullo teremos a horta case a pleno rendemento, e a partir de mediados de mes poderemos recolectar calabacín, pepinos, pementos de Padrón, pemento grande, rábanos e cebolas. Só a fin de mes disporemos dos primeiros tomates.
A NAI DE TODOS OS BANCAIS
ESTE É UM PROXECTO ORIGINAL DE BANCAL PROFUNDO, ELABORADO ATRAVES DOS CONHECIMENTOS ACUMULADOS, E PROXECTADO COMO LABORATORIO DE EXPERIENCIAS FUTURAS.
fixemos os cementos do bancal, para soporte das paredes e para colocar a malha.
colocamos unha rede de aço-inox, que impedira que toupeiras e raiçes o penetren.
despois preparamos um drenaxe com telhas planas,
que cobrimos com seixos do rio.
logo seguidamente, iniciamos a empreitada de facer a caixa de tixolos.
e aqui está unha magnifica obra, feita a olho por um amador.
O INTERIOR FOI CAPRICHOSAMENTE TOMADO COM UNHA CAPA DE CAL DOLOMITICA, PARA TROTEXER O CEMENTO DOS PURINS E TAMEN PARA NEUTRALIZAR A ACIDES DA TERRA.
ENCHEMOS ATÉ Á MITADE CON TOXO VERDE FRESQUINHO.
LOGO A SEGUIR, DEITAMOS TRINTA “PUTONIOS” DE ESTERCO DE VACA DO PAIS, FEITO CON TOXOS E PALHA DE MILHO .
Porriba do esterco, levou mais dez “putonios” de terra clara de Cancelos.
Espolvoreouse a terra com cal correctora.
Mais quatro “putonios” de esterco de vaca.
Sumamos outros des capachos de terra negra do Porto do Rio.

O Druida Argibay invocou a nái Natureza, cantando maxistralmente o “Guanito Guano Tanamero”.
Guano sobre a negra terra.
Para finalizar, cubriuse a terra com um manto protector, de fentos e toxos moidos.
Ó estar preparado o terreno, acoplou-se unha especie de estacion orbital mesmamente espectacular.
Foi feita pelo Hermindo Penabella Gonzalez.
Abertos todos os paineis solares, á fermosa luz de Maio.
Compramos um saco de extracto de sementeira, para xerminar as sementes.
“Tareca” e “Fodorico” o presbítero, velaran toda a vicharada.
Um prato de cervexa, encargara-se de todas as “Lesmnias de Fídias”.
Um classico da útopia campestre.
O gratificante mundo das hortas caseiras.
Unha version mais “actualizada”.
.
A fertilidade parece boa, as alfaces cresceron com rapides.
As hervas aromáticas tamen cresceron vigorosamente
Comeronse perto de vinte alfaces, como primeira oferta do bancal.
A fertilidade foi tan deslumbrante, que desbordou todo o espaço, como se de unha selva tropical se tratara.
Os cultivos rasteiros ficaron asfixiados, somente lograron pervivir as couves de bruxelas, os morangos, as hervas aromáticas, os pepinos, as cenouras, um melon e algunhs pementos. Toda a superficie foi materialmente ocupada pelos tomates e pelos feixons verdes.
Os feixons verdes ou xudias, son altamente productivos e é algo que interesa cultivar, ainda que sexa melhor fora do nosso bancal. (Deu caldeiros cheios de xudias, ternas e delicadas com as quais confeccionamos um magnifico “Pichelsteiner Eintopf”, com costeletinhas de cabrito, que foi unha autentica delicia.
Os pepinos, tamen se dan muito bem nesta terra, convem plantalos escalonados no tempo, pois doutra forma non poderiamos escoalos todos xuntos. (Se comemos as sementes do interior do pepino, ha que comer algo da casca.)
Antes habia um ritual, que consistia en cortar tiras lonxitudinais intercaladas da casca, para despois cortar o cú e a cabeza e frotalos. (cousa que despertaba pracenteiramente os odores)
POR FIM! XA CHEGOU A ROXA TOMATADA.
CORTAMOLOS ÓS ANACOS, METEMOLOS N’UNHA CUNCA DE VIDRO, DESPOIS REGAMOLOS COM VINAGRE DE SIDRA E ACEITE ECOLÓXICO.
OS TOMATES, SON FUNDAMENTAIS NA NOSSA VIDA RURAL. APORTAN FRESCURA NO VRÁN, E PRODUCEN ABUNDANTEMENTE DE FORMA CONTINUADA. (HA QUE CAPAR OS BROTES ENTRE O TALHO E AS RAMAS).
AS BERZAS
Penso eu, que o melhor amigo do homen non é o cabalo nin as cadelas, nin sequer as galinhas, senon que son as berzas. Passeava com a minha acostumada misantropia por redondela, quando unha incauta senhora campesina, confiada pola minha cara de bom rapaz, me chamou a grito desvelado para que lhe mercara um cento de berzinhas para prantar. ¿Para que quero eu um cento de berzas?
!!Bom, deme cinquenta, e non vaia pensar que me engaiolou!!
Mas o caso é que, estas berzas compradas a contra-gusto e espetadas de mala maneira no chan entorno do bancal, aparte de claras e ternas, son unha fonte de ledicia inagotavel.
O Tromentelo.
AS PATACAS
É UM DOS CULTIVOS FUNDAMENTAIS DA SOBREVIVENCIA, E DA INDEPENDENCIA DO REXIME MINIFUNDISTA, AINDA QUE NON SE FAGA NADA, SEMPRE NOS PODEN DICER “VAI CAVAR BATATAS”.
PELO MES DE MARÇO MANDASE LAVRAR O TERRENO, INCORPORANDO UM CHIMPIN DE ESTERCO DO TORRES TORRES (FEITO COM ESTRUME DE VACA, TOXO E PALHA DE MILHO), DESPOIS ESPETAN-SE NA TERRA UM SACO DE VINTICINCO KILOGRAMOS DE BATATAS DA SEMENTE EM FILEIRAS.
PODE HABER QUE SULFATALAS UM PAR DE VECES COM CALDO BORDELES SOMENTE, SACAR AS MALAS HERVAS OUTRO PAR DE VECES, E ALÁ POR FINAIS DE XUNHO TEREMOS BATATAS PARA TODO O ANO.
(APÓS A COLHEITA, SELECCIONAN-SE POR TAMAÑOS)
(AS QUE ESTAN CORTADAS, APARTAN-SE PARA UM CONSUMO INMEDIATO)
(AS MAIS PEQUENAS PODEM-SE COMER COM A PEL)
O MELHOR LUGAR PARA GUARDALAS É O CANASTRO, FAISE UM BUNKER COM CARTONS E MANTAS PARA EVITAR A LUZ
ALÁ PELO MES DE XANEIRO HA QUE SACAR OS GRELOS, PARA EVITAR QUE AS BATATAS SE VACIEN. UNHA DAS MINHAS VARIEDADES FAVORITAS É A “MONALISA”.
A SEGUNDA SACA DO GRELO, FOI FEITA O DIA 6 DE ABRIL.
AS BUTEFAS
lIMPA-SE POR DENTRO, DESPOIS CORTAMOLA EM ANACOS E SACAMOS-LHE A CASCA DURA. COCIDA DURANTE QUARENTA E CINCO MINUTOS, E PASSADA PELA TRITURADORA, DÁ UNHAS SOPAS ALTAMENTE RECONFORTANTES.
.
XILA DO MATO.
OS PIMENTOS
Os Pimentos, adentranse pelo Outono.
OUTONO NO BANCAL
Incorporamos como abonado de outono, oito cestos de esterco de vaca com dous anos de maduracion, os quais tapamos com unha cobertura de tres cestos de toxos e fentos moidos.
Os Tomatinhos Cereixa, ainda conservan algo.
A Couve de Bruxelas, vai medrando lentamente
OS BROCOS
Tem um sabor verdadeiramente delicioso..
A COUVE-FLOR
Están vindo pro natal
A COUVE DE BRUXELAS
Folhas e reventos.
Os Agrioes de horta, son bons para saladas com o seu sabor picante.
Plantacion Outonal de Alfaces.
Tamen botamos unhs quantos Alhos-Porros.
É o Manxericon, unha luxúria aromática.
¡¡Salsa!!
Tominho.
Aloe Vera.
SEGUNDA PRANTACION A FINAIS DE NOVEMBRO DO 2O14.
Dividimos o bancal em duas partes, unha com Alfaçes.
A outra com Navicol, para o consumo de folhas e Grelos.
16 DE FEBREIRO DO ANO 2015
AS ALFACES XA ESTAN PERTO DO CONSUMO.
É A QUARTA VES QUE COLHEMOS FOLHAS DE NAVICOL.
(O NAVICOL É ALTAMENTE PRODUCTIVO, E PODESE CULTIVAR TAMEN NO EXTERIOR)
PENEIRAMOS UM POUCO DE BORRALHA DO FOGON, PARA VER QUAL É O EFEITO NA FERTILIDADE DO BANCAL.
ALFACES
O DIA VINTIDOUS DE FEBREIRO, PRIMEIRA COLHEITA DE ALFACES.
ENSALADA TEMPERADA COM VINAGRE DE MAZAN E AZEITE DE OLIVA.
ESTE SISTEMA, CONSISTE EM DEIXAR ALGUNHAS FOLHAS, PARA QUE A ALFACE POIDA TORNAR A CRESCER
VARIEDADE DE COUVE GALEGA DA GALIZA PORTUGUESA.
VARIEDADE NORMAL DO PAÍS GALEGO.
( TODAS ELAS FORON ESPETADAS NO CHAN DO POMAR, E O SEU ASPECTO É SAÚDAVEL.)
..
TRABALHOS DO DIA 11 DE MARÇAL.
A COBERTURA FOI RETIRADA, ESPOLVOREOUSE A TERRA COM BORRALHA, DESPOIS SUMAMOS MAIS DÉS CAPACHOS DE TERRA DE CANCELOS INTERMEDIADA COM GUANO, PARA DERRADEIRAMENTE VOLTAR A ACOLCHAR O BANCAL.
NOVA TANDA DE ALFACES.
Ó LADO DA ESTUFA PRANTAMOS FEIXON VERDE E TOMATES, COBERTOS COM UM PLÁSTICO.
.
DIA 2 DE MAIO
Arrincamos todos os pés de “Navicol”, que deitamos ás galinhas. Seguidamente prantamos quase tudo de Alfaces, cinco pimentos, unha Sandia e dous Pepinos. Como colofon espovoreamos o chan com borralha do fogon e regamos suavemente.
.
DIA DOUS DE XULHO DO 2015
Desta vés prantamos os feixons verdes e os tomates no exterior, contra unha parede de pedra orientada ó sul. Preparamos o chan com unha mistura de abundante esterco de vaca, matéria vexetal e borralha do fogon, o resultado foi deslumbrante os tomates cresceron tanto que pasan de dous metros, acabando por asfíxiar os feixons verdes contr’a parede.
.
.Houbo unha continuada producion de alfaces desde a primavera temperan, que agora xá escomeçan a grelar, e advenhen os pepinos e os tomates com os quais fixemos duas saladas.
.
Os pimentos dentro da estufa, prantados contra o lado da sombra para non sacar o sol ás outras prantas. tamen xá estan a saír.
A hortelan nos dias de calor, pode regalarnos com unhs deliciosos “mojitos” sem alcohol, colhemos unha xarra de agua com xelo dentro, cortamos fina a casca dunha lima (ou pomelo) que seguidamente esprememos, despois machacamos a hortelan que deitamos na agua remexendo com duas colheradas de mel do “Camilio”.
,
XABON DE POTASSA AZUL E BRANCO, UTILIZASE PARA LAVAR OS PAINÉIS DA ESTUFA, POIS PARECE SER BENEFICIOSO PARA A TERRA.
Continuará…










































































