OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO
A SORREIRA
OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO
O PENEDO DA PORTELA
Na ultima volta da Surreira cando se escomenzaba a perder de vista o Val da Pedreira, a xentiña anterga que faian o camiño polo seu pe a Feira de Ponteareas, tiñan como punto de referencia este grande penedo, eiqui pousaban as cestas ou “esteiras de palla”, daban volta a seu corpo, caron a Paradanta,facendo unha reverencia, e pregandolle sorte, pro bo decorrer do dia, a nosa Señora de Guillade, facendolle a Señal da Cruz. Este rito era practicado por todas aquelas personas que tiñan eili o seu punto de partida. Por exemplo: Sta. Eulalia, S. Pedro, mailo centro de S. Miguel. Porque os barrios de S. Juan, e Pontexil xa o facian por Oliveira, e Celeiros, respectivamente. Ca chegada da carretera de Ponteareas, este pedron foi feito Cascallos, para eixiña transformarse en murrullo pro firme da mesma carretera. A partir distas datas a nova andaina da locomocion fixo que estes ritos foran desaparecendo.
J.G. Sebastián (Xosé da Casquilla)
OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO
UN ATRACO DE VERDADE
Un dia de feira alá polo mes de Decembro de 1941, xa metido na noitiña, viñan tre homes de Guillade nas suas cabalerias, ó chegar ás voltas do Piñeiral foron asaltados por vários elementos, que non chegaron a coñecer ainda que sospeitaran de algún, eran tres para tres, os homiños de Guillade, pasaron as negras e as canutas, pero os cartiños viñeron para suas casas, loitaran como verdadeiros texanos, o que mais tiña para roubar era o Torres, porque traía a diñeiro das fianzas do gando de muitos veciños, o Sr. Manuel da Reverita, xa quedou mudo e o outro se non estou errado era o Sr. Juan do Rillon, tamen irman do Torres, estes dous foron os verdadeiros combatentes, chegaron ás suas casas moi tristes e cansados, e con os seus braziños todos magullados, porque o ladron xa non podia repelar a carteira dando golpes con a culata da pistola, enton xa facia con os seus dentes, o que mais atacaron foi ó Sr. Xosé do Torres, porque eles sabian que era o que tiña a carteira mais forte. Despois de tanta loita, os gatunos desistiron do ataque, porque tiñan medo de ser recoñecidos, e os cabaleiros de Guillade, saíron victoriosos.
J.G.Sebastián
(Xosé da Casquilla)
OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO
A ESTREMA DE CELEIROS
Vai na Honra dos vecinhos de Celeiros, testemunhas ,de que a Xustiza pervíve no fundo da alma das xentes. Colectivamente, como se de algo que tivera entidade própria se tratára, como unha deusa Diké, bela e inmaculada. Na mente recta de xentes arcáicas, brilhaba o orgulho de non ser ladróns, de dar a cada um o que era seu. Um cacique local, talvéz levado pela cobiça do alheio, arrancou um dos marcos comunais entre Celeiros e Guillade, no Côto da Pedra do Cabalo. Ó ter conhecimento do feito, os vecinhos da aldeia, obrigaron a autoridade local a por o marco no sítio que lhe correspondia. Este, enrrabietado, foi levalo ó monte, mas deixou-o sem enterrar, tumbado no seu lugar, onde permanece ainda hoxe em dia, alí esquécido, num sono imperecedeiro, descansando da árdua labor de separar.
A Irmandade Circular

















