A Igrexa

         BAIRRO DA IGREXA

oooooooooooooooooooooooooooooo

TOOOOO313 oIMG_0084

.

                     A MARQUESINA DA CRUZ DO VALADO

Esta obra foi a de mais utilidade pública da parroquia de Guillade. Tanto pra viaxeiros dos autocares, como de refuxio dos viandantes, e lugar de ocio para os velhos e novos da parroquia. Este evento foi iniciativa do Señor Rodriguez Bouzó, sendo pedaño ala polo ano sesenta e tres. Foi realizada polo artista portugues Señor Martins de Mondariz, tanto a parte económica coma a prestacion personal foi a cargo dos veciños da parroquia coa colaboracion especial de un grupo de mozos Guilladenses en Lisboa, estes foron os irmans Candeira, e os Valiños, Armindo do Torres e Camilo Xiraldez.

J.G.Sebastián
(Xosé da Casquilla)

oooooooooooooooooooooooooooooo

.

                           EPISÓDIO DA CRUZ DO VALADO

No ano 1928, cando escomenzaron a romper o camiño de “Reimonde” para facer o ensanche da carretera de Pontareas, no cruce dos catro camiños que era a Rañó, Mourigade, Reimonde, coa carrilleira, habia duas cruces unha estaba no valado da entrada da Rañó, esta foi arruada cando foi a construccion da nova Reitoral, a outra foi atuida cando as obras da carretera alá  polo ano 29 ou 30, esta carretera que lle chamamos a carretera da Baixo botou moito tempo funda, casi con un desnível de dous metros, con razon a de San Martiño, facia unha rampa de pedra para aceder á carretera de riba, logo no mandato do Sr. Ojea, fixo un contracto con a empresa Malvar de Pontevedra para nivelar a carretera de baixo co a da riba, enton tivo que facer un muro de contencion a Sra. Maria Rosa da Gorella; isto seria alá polo ano 50-53, logo xa se formou a prazoleta da Cruz do Valado, unha con outra. A partir de estas datas, sendo alcalde de Barrio o Sr. José Rodriguez Bouzó, tivo a iníciativa de mandar facer unha nova Cruz, esta foi realizada polo Sr. Quinteiro. O cabo dos tres anos aproximadamente esta Cruz foi arruada por un camion, que se deu á fuga, niste intre un veciño que observou a feito axiña correu na bicicleta que foi pillalo a S. Martiño, este foi o nosso veciño Ismael Pazos, niste mesmo instante deulle coñecemento do feito ó Alcalde do Barrio Sr. José Rodriguez. ó seguinte dia o pedaneo puxo en coñecemento do xulgado de 1ª instancia onde foi chamado o propietario do camion, que de este xeito fixose responsable de todas as debedas do feito, pasando uns dias xa se encargou outra Cruz nova, esta foi realizada por un artista de Mondariz Balneário.
Os poucos dias xa amencia a nova Cruz no seu sitio, isto foi no percorrer do ano 1964. Tamen quero subliñar, para coñecemento dos mais novos que o camiño para Guillade Derriba, faciase pola Senrrela” cara ó Cazapal-Roupeiro, seguindo ó lugar de Viñó, isto foi antes de aparecer as carreteras

J.G.Sebastián
(Xosé da Casquilla)

oooooooooooooooooooooooooooooo

oooooooooooooooooooooooooooooo

UNHA PASAXE MAIS NA HISTÓRIA DOS LEITOS

O seu fillo mais vello que era o Manolo (xa morreu) un Domingo, foi dar unha volta coa sua moza, el tiña 17 anos, a viaxe foi na camioneta, que tiña para o seu traballo de carretera, enton ainda a estrada non tiña morrullo, o caso que de algun xeito debeu distraerse ca moza, que nun pulo estaban de cangallas pola costa da Forcada a baixo, gracias a que quedaron colgados nun piñeiro e non sairon mangados. Foi unha verdadeira sorte, porque o sitio era para ir a parar o rio de Paradela,  a moza era Manuela de Matilde de Uma, a camioneta foi arrastada pola mula que traballaba cas vagonetas que lle chamaban Generosa.
Recordo ben, eu tiña 6 anos, e os Portugueses decian.
¡¡ Hie Generosa !!

 J. G. Sebastian
(Xose da Casquilla)

oooooooooooooooooooooooooooooo

oooooooooooooooooooooooooooooo

          CONFUNDIR O CÚ COS CODESOS

Pequena confusón linguística que se xerou num coche de linea, entre as cordenadas espaço-temporais de Guillade a Pontareas.

Duas Comadres, despois de repassar todo o abanico da actualidade local, deron-se á labor de cantar as alabanzas da bondade de um tal médico chamado Codeseda.

¡¡ ECHE MUI BÓ MÉDICO, SIM SENHOR !!

¡¡ MUITO BOM MÉDICO !!

¡¡PERO TEN-CHE UM NOME MAIS RARO, CHAMAN-LHE O CÚ DE SEDA!!

Leria Cultural

oooooooooooooooooooooooooooooo

          DESTE HOME DE CUXO NOME NON QUERO ACORDAR-ME

Deste home, cuxo nome, non quero acordarme, tenho um telumbre que na Cruz do Valado, aproveitando um defeito que tinha na voz, usava e abusava da autoridade impunemente.

¡¡ CON ESTE TEMPO, MERDA O POBRE, MERDA O RICO, E MERDA USTED TAMÉN SENHOR ABADE !!

    ¡¡ SI, HOME SI, MEDRAMOS TODOS !!    ¡¡ MEDRAMOS TODOS !!

Repetia o abade, xá algo contrariado, con tanta merdosidade.

A irmandade circular

oooooooooooooooooooooooooooooo

                                   LUCKY O AFORTUNADO

Apesar de ser can, disfrutou de grandes amizades. Este animal paciente, vádio, como todos nós o eramos naquela época da nossa vida, frequentou tamém a Universidade de Guillade, largas noites permaneceu ó nosso lado tendido, sempre percorrendo o longo e duro caminho da sabeduria.
Colhera a mala costume de correr detrás das motos que pasaban, defeito este que lhe viria a custar demasiado caro. Pois um zapateiro malvado de pernas tortas, cansado do acoso pertináz deste ladrador, pegoulhe um tiro entre orelha e orelha, fíniquitando désta tráxica maneira, unha brilhante e prometedora carreira.
Mas é precisamente neste momento, que lhe surxiu unha inesperada e heroica amizade, a qual se levantou em ira perante semelhante  acto criminal. Um vecinho nosso xá de certa idade, para ter xuízo, levado em braços polas fúrias da vinganza, entrou pola igrexa arriba, interrompendo cura e beatas que se encontraban rezando o rosário, e imperativo ordenou

¡¡ HEI  TÚ, PERGUNTA AÍ, QUEM MATOU O LUCKY !!

O párroco atónito, quedou paralizado, pois daba-se a caprichosa coíncidência, que o cacíque local tamém se chamaba Lucky.

A Irmandade Circular

oooooooooooooooooooooooooooooo

                           A TABERNA DO PINGA ACEITE

Houve unha época da minha vida Lisboeta, em que em mim nascera forte paixón pola laranxada. Entón cada vez que entraba com a minha nái em taberna alheia, invadiame urxente e desesperada sequía, e eu repetía com certo grau de impertinência que tinha sede.
Havia lugares em que o meu estrataxema falhaba rotundamente, e non me quedaba outro remédio que tragar de mau modo a réles água da torneira, com sabor a lexívia que me davan, mas na taberna do “Pinga Aceite” eu sempre tinha a minha recompensa.

¡¡ Da-lhe aí unha laranchada ó rapaz !!

Era parente nosso, sempre falavan das cousas da terra, nas frequentes visitas que a minha nái lhe facia, pois encontrava-se num sitio centrico e muito concorrido da capital.

¡¡ Vai buscar uns pastéis, e trai algo de beber pra esta xente !!

A sua mulher, asistia excepticamente arrimada ó mostrador a toda unha requetáina de ordens, as quais ignoraba dedenhosamente como se de um oficial de rango superior se tratara.

A Irmandade Circular

oooooooooooooooooooooooooooooo

  .

                        a carrilleira

Apuntes anteriores as datas que trata este memorial: Alá polo ano 1890, na Carrilleira, xa foi sempre o punto de negocios de Guillade, na casa da “Malaguena” xa tiña o Sr. Benito Giraldez, taberna onde os homes de Guillade tomaban a sua copa de auguardente antes da misa, mais tarde alá  polo ano 1900 na casa da “Reberita” frente ó San Gregório fixo o seu negócio a Sra. Elisa de Oliveira, tudo isto foi antes do Torres, pasando do antigo ó mais moderno, tamen na Malaguena do ano 1955 ó 1970, na casa contra o caminho tiña a sua sala de barbeiro o Xosé do Lampanas, coñecido como o “Barbeiro Manteigueiro” no mesmo local desenrolou o serviço de carteiro o Sr. Gregorez. Ó mesmo tempo coa caída da tenda do Torres aproveitou para axeitar unha cantina, no mesmo local, enton o Barbeiro, e a cantina na entrada da rua; esta cantina tivo pouco futuro, porque o Sr. Manuel só podia atender o negócio pola noite.

J.G.Sebastián
(Xosé da Casquilla)

oooooooooooooooooooooooooooooo

                AS PARTIDAS DO CABO

Esta foi cortaduria (carniceria) ata polos anos 20-25, foi alugada por Benito do  Farroque e sua irman Manuela. Do ano 28 ao 37 foi funeraria e tenda, que era coñecida pola tenda nova D. Alfredo Alfaya, despois do ano 50 foi ferreteria dos irmans Rodriguez.

J. G. Sebastian
(Xose da Casquilla)

oooooooooooooooooooooooooooooo
                  O TELEFONE PúBLICO

O primeiro foi no ano 1967, telefone piloto no bar O Casqueiro. A 2ª fase foron 4 mais alá polo ano 1980. A 3ª Fase no ano 1990, foron dous mais: lugar da Carreira e na Vigaira.
Ó final, os telefones particulares serán realidade no ano 1993, cando urbanizaron a rede coa central do “Fornelo” de Uma.

J.G.Sebastián
(Xosé da Casquilla)

oooooooooooooooooooooooooooooo


 

oooooooooooooooooooooooooooooo

.

                         o malagueno

Manuel Gregorez nace no lugar da Carreira (Ponte de Xil), no seo dunha familia moi doada e participativa, coñecidos como os “Reus”. O seu irman Prudencio era unha figura moi destacada no ambito da igrexa, tanto na axuda á misa como de coreador dos cantos da liturxia, tamen facia as puxas da santiña.

Manuel mais tarde foi coñecido como o “Malagueno” porque casou con Redusinda.

Foi un home cheo de perseverancia. Pasou pola tempada dificil da Guerra Civil Española. A titulo postumo ostenta as honras e medallas de Ex-Combatientes. As suas actividades desenrolaronse sempre en torno á sua parroquia. Cantas facetas chegaban á terra todas se lle colgaban á sua espalda. Polo seu comportamento foille concedida  a carteira do pueblo, cousa que desenrolou ó pe da letra durante a sua vida. O seu oficio fora de canteiro na compaña dos seus irmans, Prudencio e Antonio.

Foi un abnegado cumpridor do seu deber como Pedaño durante o mandato de varios alcaldes que, senon estou errado foron: D. Daniel Ojea e mais tarde Sarmiento. A tarea mais dificil para Manuel era cando se lle presentaba de súpeto o Alcalde. El tiña que recibilo tal como viña da canteira. Ainda habia outra cousa que lle daba mais guerra, que era o reparto das ramuxas dos piñeiros á pobreza cando o Axuntamento facia algunha corta de madeira.

Estudiou  solfeo polo tanto era musico, e ultimamente enc ontrouse co problema das augas como cada quen, e ó final atendeu o Tele-Club, ata que puxeron un bar en Guillade para xogar a partida.

Descanse en Paz.

J.G.Sebastian
(Xose da Casquilla)

oooooooooooooooooooooooooooooo

.

                       HISTÓRIA DO SAN GREGORIO OBISPO

Este Santo ten o seu trono, preto da igrexa de San Miguel, onde esta o patrón de todo Guillade.

Deste modo o povo rexeita a atencion o seu culto, cando pases pola sua frente pregalhe a  sua bendicion con xesto de humildade, o     Santo amencera muy ledo o dia do culto o San Gregorio o 3 de Setembro.

Hay o refran que di “os ultimos seran os primeiros” niste caso o San Gregorio, foi o primeiro previlexiado coa sua “capela” o San Xoan, conformouse co cruceiro, como os tempos ahora cambiaron casi iba sendo o reves, por pouco o San Gregorio iba prol cruceiro e San Xoan pasaba pra capela, no ano 1969, esta  capela estivo suxeita a ser arruada, mais un grupo de amigos da capela rexeitaron a idea de ser transformada a Capela en Cruceiro

J. G. Sebastian (Xose da Casquilla)

oooooooooooooooooooooooooooooo

.

              Um simulacro de atraco

Ala polo ano 42, unha boa noite na tenda do “Torres”, uns poucos de mozos e tamen algun velho, entre eles estaba o “MartinGil”, despois da parodia con un par de cuncas tintas xurdiu a ideia de facerlle unha broma o noso carteiro, este chegoulle a hora de por pes o caminho cara a “Guillade darriba”, O mesmo tempo ese grupo de mozos, fixeron-no polo atallo; cando o “MatinGil” chegou a Volta da Moura, percatou a cinco homes, que lle decian que era un atraco… O Sr. Gomez Sebastian, perdeu o seu sentidinho e escomenzou a pedir socorro, dando marcha a tras de recu, e fuxindo cara a Cruz do Valado, neste intre os mozos voltaron pelo atalho do Valadinho, e cando MartinGil chegou a denunciar o feito, xa os mozos tinhan contado a parodia o Sr. Torres, enton os mozos eran os mesmos que estaban antes, e eles todos muito serios; entra MartinGil, mangue, mangue, el pronunciaba con acento argentino, me quisieron atracar en la Vuelta de la Moura… e logo o Sr. Torres decialle, bom, bom, isso foi lá algun “Merdeiro”, estes mozos agora que te vaian pasar a Guillade dArriba, andar, andar, a cousa asi foi, os mesmos atracadores foron quen tiveran que acompanhar a MartinGil, a sua casa da Cavadinha.

Eu achacolle que estas cousas que se faian eran faltas de medios,porque nin unha bicicleta tinhamos e sempre ibamos en grupos, e cartos para outras diversions tampouco tinhamos, asi passou a xuventude a postguerra, tamen se rondaban moito os muinhos para asustar as pesoas que ali pasaban a noite, e si cadraba gastabase tamen unha broma o Sr. Montero o Febre.

  J. G. Sebastian
 (Xose da Casquilla)

oooooooooooooooooooooooooooooo

          ooooooooooooooooooooooooooooo

                  A CASA DA NAMORA

Naquel cuartiño que daba para a rua foi taller de zapataria, un dos varios puntos que traballou o noso amigo Eliodoro. Cando  este deixou a lugar instalouse a Pura como modista, esta por ser da casa permaneceu ali moitos anos hasta que a viria buscar outros avatares esta foi tanto no tempo de zapateiro como de costureira o punto de encontro de muitos namorados de Guillade e bisbarra.

  J.G. Sebastian  (Xose da Casquilla)

oooooooooooooooooooooooooooooo

.

oooooooooooooooooooooooooooooo

.

oooooooooooooooooooooooooooooo

TOOOOO315 IMG_0081

 

 

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

.

oooooooooooooooooooooooooooooo

  A PRIMEIRA REMODELAÇÓN DA IGREXA

Trás a limpeza (traslado de panteons, plantacion de camélias…) segue a tarefa de D. Avelino. Foi enton a revelacion, acariciando a xente, muito diálogo  e altruismo, buscando lóxicamente tudo o que facia falta naquel momento na parroquia.
Empezamos pola parte economica: comercializar e talar a madeira do monte parroquial, busca de devotos en Lisboa, facer recolectas a nível parroquial. As obras correron a cargo dos maestros, como arbañil, Edelmiro Gonzalez, como carpinteiro D. Enrique Vidal. Obras realizadas: Cambio da tella, consolas das campanas, lavado interior das paredes, derrumbe da tribuna do coro, borrado do púlpito de sermons (situado na parede norte facendo esquina con a nave esquerda), tudo o que concerne ó altar agora de cara ó público (pia bautismal nova, púlpito de leituras e homilias, novo altar) traslado de imaxens, confesionários modernos, bancos novos, portico e portas de laton e escaleira exterior de caracol.

J.G.Sebastián
(Xosé da Casquilla)

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

        SEGUNDA FASE DE D. AVELINO

Enton con mais facilidades para realizar os seus desprazamentos e atender as suas funcions. O famoso 6oo, que segundo el cheiraba a resina. Segue outra etapa: venda da destartalada abadia vella (casa do Sr. Abade) mais uns donativos, seguro que alguns restos de madeira da cabada do Señor Abade, como a xente recoñecia o lugar; mais ou menos polo ano 68 ou 69 segue con os mesmos constructores e construe a nova reitoral no fundo do lugar da casa vella, ó lado da carretera, onde está actualmente. Todo un éxito de D. Avelino, ainda que nunca chove a gosto de todos, e persisten os cotilleos.

J.G.Sebastián
(Xosé da Casquilla)

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

.

oooooooooooooooooooooooooooooo

SEGUNDA REMODELAÇÓN DA IGREXA (81-92)

Con a chegada de D. José Alvarez Castro como párroco encargado da nosa parroquia, en quanto a remodelacions tivemos unha pausa durante vários anos. A partir do ano 90 o letargo culminou e realizou as obras do salon parroquial nos baixos da reitoral, obra que ven ó pelo para o desarrollo das actividades parroquiais, agradecemos-lle a sua xenerosidade e comportamento.
En quanto á igrexa, tres puntos, os quais forman parte do conxunto que foron anulados polo seu antecesor, estes voltaron ó seu sitio. A tribuna de coros foi reconstruida. A escada de caracol que fora construida polo exterior, voltou para o interior coma dantes. As imaxens da Purísima e do Corazon de Xesus, que para velas habia que pasar ó interior dos laterais, agora están en sitios totalmente visiveis. E por último a coberta da casa da obra, que habia voado a causa dunha explosion pirotécnica.

J.G.Sebastián
(Xosé da Casquilla)

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

.

oooooooooooooooooooooooooooooo

                 o cristo de guillade

               A estátua do Cristo de Guillade, seguindo a fonte de informaçón popular, representada neste caso por José Maria Guiráldez Montero (Arrasta), e Manuel Gregores Carballido (Manuel da Malagena).  É unha valiosa obra de escultura, feita pelo famoso mestre José Cerviño Garcia,  natural de Cotobade (1843-1922) e afincado por muitos anos na vila de Pontareas.  Parece ser, que um panteón do cemitério de Guillade, e outro de Celeiros, son do seu cunho.  A estátua, foi realizada em madeira de um castanheiro centenário, comprado na aldeia de San Mateo de Oliveira.  Sendo rematada no seu talher de Pontareas, e posteriormente transportada até Guillade num carro de bois do país.  A imaxe foi recibida com bombas e repicar de campanas, apenas divisada no alto da Sorreira.  Contan os maiores, que deu lugar a unha das mais celebradas festas relixiosas de sempre. Foi arquitectado, tanto para ser levantado na cruz, como para descansar na sua urna dourada, tal vez, para celebrar o antigo rito da Sexta Feira Santa, quando se baixava da cruz para ser depositado “in sepulcrum”, e posteriormente sair no carro cerimonial na procisón do Santo Enterro.  É unha das relíquias mais importantes da aldeia, xunto com a estátua de pedra da virxem das Angústias, xá desaparecida pelos curas.

a irmandade circulAR

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

.

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

.

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

.

.

oooooooooooooooooooooooooooooo

          MADRES QUE TENEIS HIJOS

Quando os meus pais eran novos, alá polos anos anteriores ó golpe de estado do trinta e seis, visitaron estas terras um bando de misioneros apocalípticos, que predicaban no torreiro da igrexa. Tamém mandaron facer unhas cruces cerimoniais ó Enrique dos Quintos, que ainda recordo eu colgadas das paredes interiores, antes das últimas barbaridades arquitectónicas Avelinianas.

Estes clérigos, desde a sua tribuna campestre, arengaban  teatralmente á multidón, facendo alarde de toda  a sua floriléxica rectórica, increpando a xuventude sempre rebelde e desafiante, e alertando as suas nais para os perigos da depravaçón moderna.

-¡¡ MADRES QUE TENEIS HIJOS, DAILES CONACHA !!

. ¿¿ DAI-LHES O QUE ??

.(Preguntaba o abade atónito)

.¡¡ CON HACHA !!           ¡¡ CON HACHA !!

O auditório asistía incrédulo, non se esperaba  tanta liberalidade por parte da santa madre, sobre tudo néstas questións peliagúdas.

Ésta desafortunada confusón linguistica, quedou irremediavelmente grabada na memória colectiva, e através das décadas foi repetida até á saciedade.

       A Irmandade Circular

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

 

oooooooooooooooooooooooooooooo

                         “ADORAÇÓN NOCTURNA”

O dia 29 de Junho de 1980 no bar Casqueiro foron presentadas por elementos do Consejo Diocesano de Vigo e da Seccion de Ponteareas, as actividades da Adoracion Nocturna Española, a un grupo de feligreses da nossa parroquia.
A primeira Vixilia foi celebrada o dia 5 de julho de 1980 sendo capelán  o cura párroco D. Avelino Rodriguez Fernandez e nomeado presidente da Seccion D. Francisco Costa Rodriguez.
Desde o 15 de Maio de 1982, D. Jose Alvarez Castro como novo cura párroco de Guillade pasou a capelán da Seccion.
Despois do pilotaxe de membros do Consejo Diocesano de Vigo e da Seccion de Ponteareas, celebrouse o dia 9 de julho de 1983, da solemne  inauguracion da Seccion com assistencia do Senhor Obispo de Tuy-Vigo D. Jose Cerviño Cerviño.
Desde o mes de Março de 1987, actualmente é presidente da Seccion D. Laureano Soalleiro Rodriguez.
A Seccion da A. N. E. tem actualmente 19 adoradores.

J.G.Sebastián
(Xosé da Casquilla)

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

                        ZACRISTÁN

Falso confesor, confortou en várias ocasions a un par de feligresas asíduas ó  percepto espiritual. Sucedeu alá polo ano 1960.

J.G.Sebastián
(Xosé da Casquilla)

oooooooooooooooooooooooooooooo

.TOOOOO317 IMG_0082

.

                         O TORREIRO

Unha pequena historia do que foi en tempos o Campo da Festa, e do que é nestes intres.
Era moi pequeniño. Partia unha liña recta dende   o muro Este do adro até á bodega da Namora, onde facia un ângulo recto. Agora, gracias á concesion incondicional dos seus donos, foi incrementada a área na sua totalidade, mais 11,2 metros que foi gañado ó muro Sur do adro, cando foi construida a escalinata. Deste xeito podemos apreciar que na actualidade varios plataneiros xa estan fora de lugar, conquerindo novos puntos pra ser repovoados.
En canto ó asfaltado do piso, polo gallo dun “tinglado de colores” non foi realizado antes por quem queria, pero foi feito despois por quen podia. Conclusion, que foi realizado no ano 1988 polo Sr. Castro Alvarez.
A cuestion do alumeado público do torreiro levantou polémica no seu momento. A mediados dos oitenta existian dous proxectos diferentes prá instalacion das farolas; un apoiado polo pedaño, con farolas ó redor do torreiro; outro polo concellal, con un poste no centro com varios brazos, á maneira dos instalados nos torreiros da bisbarra. Finalmente “prantaron” o poste. Os rapaces de Guillade utilizaban daquela o torreiro pra xogar ó tenis e aquel poste impedialles a practica deste xogo. Isto unido ás discrepancias estécticas e mais politicas, provocou que unha noite de San Xoan o polémico poste fora votado ó chan, aparecendo pola mañan en anacos.

J.G.Sebastián
(Xosé da Casquilla)

                oooooooooooooooooooooooooooooO

.

.

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

.

              UNHA TARDE DE PARODIA

No torreiro da festa, alá polo ano 57, fixerase unha grande festa taurina, niste caso non era un touro, sinón que era o “Ramiro” do Manuel do Matias, era un “carneiro repoton”, que todolos veciños coñecian como un ídolo, o noso amigo Manuel, que era un parodiante, prestou o seu Ramiro para facer ese papel.
O encargado dos carteis, fora o Lito da Maestra, o toureiro era un mozo aficionado, que chegou a cortarlle as duas arellas e un corno.
O Manuel tamen era un grande aficionado a dirixir bandas de musica, subiase a unha caixa de cervexas con un boligrafo na man frente á máquina de discos e faciase a ilusión que estaba dirixindo a banda de Guláns.

J.G.Sebastián
(Xosé da Casquilla)

oooooooooooooooooooooooooooooo

                          

oooooooooooooooooooooooooooooo

.

oooooooooooooooooooooooooooooo

.

oooooooooooooooooooooooooooooo

.

oooooooooooooooooooooooooooooo

.

oooooooooooooooooooooooooooooo

WOOOO6O1 100_0625.

WOOOO6O2 100_0624.

oooooooooooooooooooooooooooooo

         

oooooooooooooooooooooooooooooo

                   cemiterio vecinhal

WOOOO6O4 100_0623.

WOOOO4O 100_0619

       CEMITERIO VECINHAL

Costeado polo vecindario e promovido por Manuel Bouzó (O Malandriño) e Albino Bouzó, estes residentes en Lisboa, contaban na terra  como depositário a Luciano Rodriguez. Esta primeira obra foi realizada e inaugurada no ano 1953 ó 1954.
Pasados 40 anos este local xa se facia cativo, deste xeito nos anos 1993 – 1994 a nova xeracion xa pensou na ampliacion do local,cousa que non era doada por falta de terreo. Gracias a un veciño que lindaba pola parte sur, este fixo alarde da sua galanteria ofrecendo desinteresadamente o terreo que hoxe xa é realidade. De seguido xa se formou un equipo xestor que eixiña procedeu ó derribo da capela e o valado de fundo para asi engrosalo de entullo e cascallos que tudo era pouco para axeitar o terreo á parte vella. Neste equipo de homes, que non sei exactamente os nomes, so dou fé  do “Xaime do Fadista” que botaba bretemas porque as cousas non corrian moi ben que digamos. A parte técnica non existia, os cartos que aportamos (10.000 pts.) os novos propietarios e algún voluntario mais non eran suficientes para afrontar toda a obra inicial. A trancas e barrancas o muro de contencion foi recheo e o encerro concluido.
Pasado todo este episodio chegou a parte mais formal, neste caso era a contratación da obra, solicitudes dos novos propietarios e administración das partes. Neste eido formouse unha xunta directiva presidida polo Sr. cura D. Xosé Alvarez Castro, os contratistas Oteros e Martinez, Manuel Martinez Carrera, Angel Boente e tamen teño entendido que participou en algunhas das fazañas Xurxo Cancela.
Neste intre os mais teimosos seguen pensando en ti para tapar os buratos das deudas contraídas por mor do cruceiro, mesa de autopsias e na mesma xeira amañar as escaleiras do centro da parte vella.
Preguemos unha oración pola ialma do finado Francisco Costa que foi o doante do terreo gratuitamente. Así desexamos que sexa un homenaxe póstumo.
D. E. P.

J. G. Sebastián
(Xosé da Casquilla)

WOOOO4O 100_0617.

WOOOO6O8 100_0608.

WOOOO6O9 100_0609.

WOOOO610 100_0621.

WOOOO1 100_0579.

WOOOO2 100_0580

 

WOOOO3 100_0581.

WOOOO4 100_0582.

WOOOO5 100_0583.

WOOOO6 100_0584

.

WOOOO7 100_0585.

WOOOO8 100_0586.

WOOOO9 100_0587.

WOOOO1O 100_0588.

WOOOO11 100_0589.

WOOOO12 100_0590

WOOOO13 100_0591.

WOOOO14 100_0592.

WOOOO15 100_0593.

WOOOO16 100_0594.

WOOOO17 100_0595.

WOOOO19 100_0596.

WOOOO18 100_0597,

WOOOO2O 100_0598

.

WOOOO21 100_0599.

WOOOO22 100_0600.

WOOOO23 100_0601.

WOOOO23 100_0602.

WOOOO24 100_0603.

WOOOO25 100_0604.

WOOOO26 00_0605.

WOOOO27 100_0606.

WOOOO28 100_0607.

WOOOO29 100_0610.

.WOOOO29 100_0611

 

.

WOOOO3O 100_0612.

WOOOO31 100_0613.

WOOOO33 100_0614.

WOOOO34 100_0615.

WOOOO36 100_0616.


 

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

WOOOO6OO 100_0559

.

                  A CASA DA COSTUREIRA

Situada no lugar da minada a caron do cemiterio, esta señora foi nada en Taboexa cando foi moza afincouse en Guillade, como costureira, eiqui exerceu o seu oficio e formou o seu fogar, os seus fillos estaban en Lisboa. E cando finou esta señora o fogar perante muitos anos foi abandonado.

Alá polo ano trinta e un, esta casa foi alugada a ferreiro de Fornelos, chamabase Arsenio, iste home era un bon artista, pero cando cargaba os cabalos de viño tinto, enton facia bretimas, choraba e facia mil diabluras, enton nestes intres, so pedia a Deus, que non lle dera mal a “Pilara” sua dona, mais tarde instalouse nesta casa Antonio das Cabadas coa sua Tahona, este mozo de Guillade coceu ali moito pan, e a leña tiña ben perto no monte das Cardosas

J. G. Sebastian
                                                                                 (Xose da Casquilla)

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

         O QUE NON CURA POR DENTRO

O Arricânque, vivia na Chán d’Andeira, era da família do Granadeiro, e empregado do Fermín do Matías na padaria de Santa Cristina.
Certo dia, um cabalo tirou com ele de cangalhas, quando andava a treinalo, o pobre do home quedou destartalado no chán com unha perna a sangrar. Foron rápidamente buscar unha garraga de aguardente para esfregar na ferida, el colhendoa como um raio, bebeu um trago largo, sentenciando em seguida

.               ¡¡ O que non cura por dentro, por fora tampouco !!

A Irmandade Circular

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

        COMPADRE PADRE E PADRINHO

Esa casa velha que está ó lado do cemitério, tem  largas histórias escondidas, como se algo misterioso a quixera relacionar com Arturo Cancela.
Era unha vez um ferreiro, que trabalhava el e a mulher na forxa, e chamava-se Arsénio. Antes destes, estivera unha costureira, que tivera um filho do Antonio do Torres, e a este passaron a chamarlle o “Costureiro”. Despois do ferreiro foi padaria, do Antonio Padeiro da Ponte de Xil.
Voltando ó Arsénio ferreiro, este baptizou o rapáz do compadre com o seu nome, e despois do bautizo foron todos tomar unhas cuncas de vinho na taberna do Torres.

.                      ¡¡ Venho aquí co meu compadre !!

O Arsénio, que se atopaba  inspirado, respondeu altivamente.

.                ¡¡ Compadre !!   ¡¡ Padre !!  ¡¡ E Padrinho !!

Instantaneamente, recibiu semelhante bofetôn, que se escangalhou polo chán adiante. Mas as malvadas das velhas, tomaron man do asunto, e nón se cansaban de repetir.

.                        ¡¡ Compadre, Padre, e Padrinho !!

A Irmandade Circular

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

                 OS TUNEIS SEGREDOS

               D’esta, vamos andar arrastados, cegos como toupeiras, por debaixo do chán de Guillade percorrendo os túneis segredos. Sabido é, de quase todos, que debaixo nossa há unha rede subterrânea de passadizos, construídos por diversos motivos.  Uns, para enterrar becerros d’ouro, lonxe dos olhares cobiçosos. Outros, para poder escapar ás iras tumultuosas dos populares.  Uns outros, para levar os cabalos a beber ó rio, de unha maneira diferênte,  Etc…  Um perigoso trabalho nos espera, só para xente valorosa e destemida, ou sexa, a xuventude incáuta, que non têm medo de nada.  Pois, sempre pode haver algúm derrumbe, ou animais doutra espécie diferente da nossa.  Ás veces, fai-se necessário rastexar, e “quanto mais se lhe mira, menos se lhe vê”.  Alguêm que tivera ganas de morrer, sería o ideal.  Pois, poderia iniciar sistemáticamente, unha viáxe ó Tártaro, percorrendo o nosso ínfra-mundo.  Há várias bocas do inferno, unha delas, talvez a mais famosa de todas, fica no mato da Namora, e adentra-se por debaixo da igrexa. Despois, há outra que tem escaleiras, e baixa até ó rio.  Outra, que vêm da Pena e toma a direcçón da igrexa, na qual entrei eu de pequeno, mas, xulgo que non cheguei ao fím (porque ainda sigo vivo).  Agora, têm muitos derrumbes, pois vai quase á superfície do monte, e está techada de pastas, que se van partindo a causa dos muitos tractores.  Parece ser, que existe um que fai o caminho entre a casa do  abade e a igrexa, para que, em caso de muito tráfico, el poida chegar a tempo á misa.  Di o Xosé da Masquina, que passa xusto debaixo do andén da Cruz do Balado.  E por fím, o pái de todos os túneis, que chegaría até ó Coto da Pedreira. Por falar na Pedreira, também na falda da Coalheira há unha mina seca, com água no seu interior, oculta na encosta, á qual Felís Sebastián mandou fazer um borde de tixolo, para evitar que todo tipo de animais poideran caír dentro.  Sempre me intrigou este lugar, non têm saída de água, mas quando se atira unha pedra para o seu interior, comprova-se que é profunda.  E, prontos (non para acometer este negócio), mas, para ver se aparece alguém o suficientemênte destemido, para afrontar tal acometida, com garântias de éxito.

a irmandade circular

.

oooooooooooooooooooooooooooooo

                        FIM

Deixar un comentario