oooooooooooooooooooooooooooooo
O BÚCIO
OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO
,
Á distância, divisava-se sempre unha luz mortecina nésta xanéla, que nos recolhía com a sua quentura morna.
oooooooooooooooooooooooooooooo
Manuela do Búcio
O Búcio era um lameiro prehistórico, entre o Pazo e Mourigade, lugar húmido e frondoso, onde podía saír em qualquer momento um dinosáurio. Alí vivía Manuela, nunha casiña de pedra de tella común, e unha ventana central, dentro da qual alumeaba unha luz mortecina, era como unha lanterna na noite do bosque. Estaba enterrada na paisaxe, nada desentoaba néla, formaba parte da própria terra, solitária e distante. A Manuela parece que era da família das Cachamouras, marquêsas entre Uma e Guillade, mas do lado d’Uma, perto do eido da Ferreira, o home era do Pazo. Sempre foi unha muller antiga, como se viñera da sombra doutros tempos, delgada, alta, sempre cún gorro de lán na cabeza, e unha lágrima azulada nos seus ollos.
Eira comunal
oooooooooooooooooooooooooooooo
A Fonte do Búcio
Ésta fonte estáva situada no bairro de Mourigade (no Pío), xustamente no camiño que dá nome a esse lugar. Está considerada como unha das mellores áugas da nossa aldeia, encharcadas nas cháiras de Fondón, nunca há memória de que secara nos muitos veráns de sequía. Fói no ano 1994, un veciño entusiasta que radica na Arxentina aproveitou o intre de vacacions en Galicia para mergullarse na tarefa de amañar a devandita fonte, moi ben non quedou, pro mais vale un pouco ca nada, o que vale é a ídeia… Neste caso foi axudado pelos axentes do Concello, ígnoro en que medida, pero o xusto e boa fé, sabese que as principais pezas de pedra, engadindo a central con seu bico, e as suas iniciais e datas primitivas A. J. M. ANO 1951, Estas foron desterradas do arcen da carretera no Pio, e pertencian á anterga fonte do Pio que foi arruada en mil novecentos oitenta e catro por mor do ensanche do camiño de Mourigade.
J.G.Sebastián
(Xosé da Casquilla)













