A Lama

                     A LAMA

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

             EIDO DO ABADE

IMG_0635

A casa do abade

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

                 D MANUEL GONZALEZ                               (DOS BOUZAS DE MEDER)

Cura párroco de Guillade, durante a tempada de 20 anos 1922-1942. Home de que gardaba grande recordo por ser un dos primeiros en recibir as Augas Bautismales na sua xerencia en Guillade. Home moi liberal, grande correxidor, practicaba a sua crítica na omilia do Domingo, sendo aloubada por todos os feligreses con grande respeito. A informacion e as escolas eran cativas naquel tempo, o calor paterno  non existía por estáren noutro pais así, que todo era un cúmulo de medo.  Como bo tipo de home, era moi cobizado por algunhas viuvas da terra, mais el sempre soupo gardar a cabra da gomada. Todas as tardes daba os seus paseos camiño da Ponte do Rio, ali lia a sua sogra e refrescaba as memórias co fresco do rio e a sombra das mimosas. De Guillade pasou a Xinzo, donde botou unha larga tempada, e de Xinzo foi morrer á abadía de Leirado aproximadamente polo ano 60.  Durante o seu mandato tivo como sacristáns a Ramíro do Pazo e Xosé da Frada.

J. G. Sebastian (Xose da Casquilla)

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

                     OUTRA HISTORIA

A xentiña cando escoitaron aqueles primeiros enxeños, andaban todos abraiados.  Alá polo ano 31 aparecen os dous primeiros aparatos de Radio. Foron daquela o de D. Manuel o cura pàrroco dos Bouzas e do Arrásta.

 J. G. Sebastian
(Xose da Casquilla)

oooooooooooooooooooooooooooooo

             XOSé RODRíGUEZ MONTERO

.

Reverendo, Cura e Párroco de Guillade durante 25 anos aproximadamente eu recordo que a penúltima parróquia na que prestou servicio foi en Salvaterra e deixou nesa parroquia grande saudade.  Era elocuente orador, predicador predilecto dos seus paisanos de Guillade para os sermóns da festividade da nosa Señora das Angustias. Gozaba de moita amistad e simpatia polos seus comportamentos, aparentaba ser un home rudo, pero tiña un grande corazon. Desde a sua ventana por medio de silvar cos dedos puña a punto o Sacristán, que entonces era Xosé do Bandarras, para que este dera os toques de entrada. El por fin , tardaba un pouco, pero sempre chegaba, mais tarde tivo vários sacristáns, mais o seu preferido era o Antonio da Casquilla, coñecido polo “Mil Rei”

  J. G. Sebastian
(Xose da Casquilla)

oooooooooooooooooooooooooooooo

            OUTRA PARÓDIA NO ANO 1970

Un paisano de Guillade que tiña convidado ao señor cura para comeren xuntos na Franqueira, preparou unha mochila co mellorciño da sua salgadeira, era o fociño do porco, a lingua, a cacheira e un bo  pito do galiñeiro.  O Paisano descuidouse un pouquiño namentras foi botar a mexada nun recuncho do balado, xa se atopou sin a mochila, e así finou a fésta e a convidada, por unha triste paródia mal dada.  Seguriño que estes bos feitores, foron os mesmos que trocaron os carteis da festa.

J.G.Sebastián
(Xosé da Casquilla)

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

           EIDO DA CANCELA

IMG_0637

 

IMG_0638

oooooooooooooooooooooooooooooo

            O PAPAGAIO DO COSTUREIRO

Nascido nas Américas, em Guillade foi enterrado. Canto aquí eu, o epitáfio deste pobre animalinho louro, do bico encarnado, que em Lisboa, na Calçada dos Cabaleiros vivia coitado, sempre preso o seu pezinho, a unha corrente de frío metal. Arrastando o peso do seu duro e triste destino, alonxado da sua terra nái, e dos seus, condenado a desterro e a cautiveiro vitalício. Purgando sua pesada pena, ás portas dunha vil taberna.  Chamava em perfeito português, por “Amadeo”.   Em míseros âmbientes alchoolicos, ínquiria os Clientes, que circulaban, perguntando: ¿¿ Pagaste cabrao ??   Alma cautiva, em grilhoes aferroada, de quem nunca ninguém, se conmiserou xamáis. Veio dar com os seus ossos, na nossa aldeia, talvéz, os seus olhinhos se arregalaron, com esta inesperada selva final.  Sempre falando o correcto Português de sempre, tal emigrante Lisboano, retornado,  Em Guillade foi enterrado, despois de haber sofrído tanto, per la nostra mala fé.

A Irmandade Circular

.IMG_0643

 

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

                  NA EIRA DA CANCELA

Aquí neste lugar, celebrou-se o último banquête de núpcias arcáico de que conservo memória, o casamento entre o Amadeo da Cancela e a Marúxa da Camanha.  Todos os vecinhos pressentes, non había xentes estranhas, nada aínda poluído polo professionalismo, tudo completamente apartado do negócio, nem escrávos, nem servintes, nem empregados.  Tudo era deliciosamente caseiro, feito pola maxistral mán das xentes, e como non podía deixar de ser, tamém a diversón, era de autoría própria.  As velhas, quando viron por primeira vez as ensaladas, gritaron escandalizadas.  ¡¡  A minha nái, era-che bem pobre, mas berzas crúas, nunca mas deu a comer  !!  Só xente amiga, na eira da Cancela, debaixo das vinhas, ó aire libre.

Eira Comunal

IMG_0647

oooooooooooooooooooooooooooooo

 

 

 

.

IMG_0644

oooooooooooooooooooooooooooooo

       EIDO DO IRRA DE BAIXO

 

IMG_0633

oooooooooooooooooooooooooooooo

 

IMG_0649

              NA EIRA DO IRRA D’ABAIXO

Pegaba um enorme asobío desde a sua xanéla, e a linea d’Ojea tinha que esperar por el, ás veces mais de meia hora, para desespero xeral de todos os axetreados viaxeiros modernos.
O Abade Monteiro, que apalpaba o cú das galinhas, para ver se tinhan óvo, e facía as xornaleiras cantar de seguido, para que non comeran uvas, estava xá fora de tempo.  A característica de todos os Monteiros, herdada como algo, que formaba parte do seu honrado sangue, como se estivera metida no seu cerne profundo.  Sentado, como um patriárca, debaixo da vinha alta, nunha mesa de táboas largas, coberta com sábanas brancas, as últimas féstas comúns da aldeia. Todos xuntos, celebrando o calor do vrán, disfrutando o banquête de Dionísos, alegremente, falando e cantando, pequenos e velhos, na irmandade de todos os sentidos.

A Irmandade Circular

oooooooooooooooooooooooooooooo

IMG_0629

.

IMG_0648

oooooooooooooooooooooooooooooo

            EIDO DO

IMG_0634

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO 

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

              EIDO DO CABO

IMG_0645

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

                AS FESTAS DO SENHOR

A partir do ano 40 foi unha época moi propícia para facer moitas versions de historietas do resurxir da paz, logo de tres anos de guerra.  Cada cual facía a festa ó seu xeito, coa alegria mais grande do mundo, algunhas festas da parroquia, por exemplo as funcions da Semana Santa e a Festa do Señor eran costeadas e organizadas por dous matrimonios, logo que a vida se foi facendo mais cara, alá polo ano sesenta e algo, o Sr. Cura aconsellou que seria mellor xuntar os matrimonios de todo un ano. Así quedou a cousa vários anos, pero hoxe en dia nin as parexas de todo o ano se atreven a facer estas funcions que antano foran tradicion no ambito da igrexa local.  Falando do primitivo, estes dous matrimonios tiñan como axuda do povo unha maquia  de gran de millo e mais un cabazo de viño; tiñan que andar por toda a parroquia a xuntar o viño nun barril e o millo en sacos, e logo ir vendelo a Pontareas.  Pois estas duas Señoras que foron maiordomas no ano 42, fixeron unhas grandes festas tanto na quinta-feira maior, como no dia do Señor, e logo alguns cartos que lle sobraron ainda fixeron unha oferta para costear gastos da primeira andaina da procesion das pascuillas que entón foi a Virxe da Fátima, que fora doada por Generosa do Cabo. As maiordomas desta festa do 42 foron Perfeuta do Cabo e Generosa da Casquilla.

J.G.Sebastián
(Xosé da Casquilla)

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

           O EIDO DE XABÉL

IMG_0630

             A LENDA DO EIDO DE XABEL

Fái muito, muito tempo atrás, habitava no lugar da Lama e do Pombal. A minha Senhora belída, non podendo mais soportar a tiranía d’um marido de mau carácter, escapou para as terras da montanha. Ninguém sabía para onde, e perpectuamente foi buscada, até que por fim, lograron dar com ela, alá lonxe, muito lonxe do mundo. Mas, só depois das insistentes e amargas promesas de arrependimento do consorte, esta aceitou voltar á sua terra novamente, para maior ledícia de todas as suas xentes.

A Irmandade Circular

oooooooooooooooooooooooooooooo

.

 

                      CASA DE ISABEL

Na Pía do Regueiro, eiquí traballou de zapateiro “Domingos” de San Martiño, enton esta casa ainda tiña o seu tellado, e unha galeria que daba para a rua, este home era un verdadeiro artimaña, facia de zapateiro, barbeiro, practicante, e o que fixera falta. Un dos primeiros operarios foi o Leopoldo Barbosa, este viña de Pontecaldelas, e axiña tomou amores en Guillade, e ao fin conquistou a Generosa do Lopez.  Este local pasou a ser o punto das gargalladas e diversion dos mozos de Guillade, especialmente cando chegaban de Lisboa, esta xeira pasou do ano trinta ao trinta e oito aproximadamente.

     J. G. Sebastian

oooooooooooooooooooooooooooooo

IMG_0631

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO 

          CANCIONERIO D’AXUDA      (224 – 1)

CCLXVI

Ora non moiro nen vivo

nen sei, como me vay, nen ren

de mi se non, a tanto que ei eno

meu coraçon, coita damor qual

vus ora direi   Tan grande que

me faz perder o sen e mia sennor

sol non saben de ren.

Non sei que faço nen ey de fazer

nen en que ando, nen sei ren demi

se non atanto que soffr é soffri

coita damor qual vus quero dizer

Tan grande que me faz perder o sen.

Non sei que é de mi nen que sera

meus amigos nen sei de mi ren al,

se non atanto que eu soffr atal,

coita damor qual vus eu direi ia.

Tan grande que me faz pder o sen.

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

 

        CANCIONEIRO D’AXUDA         (124  2)

XCIII

Pola verdade que digo sennor me

queren mal os mais dos que eu sei por

que digo que sodes a mellor dona domun

do e verdade vos direi, ia meles senpre

mal poden querer, por aquesto mais en

quanteu viver nuncalles tal verdade

negarei.

E mia senor en quanteu vivo for,

se non pder aqste sen que ei

mal pecado de que no ei pavor,

de o no pder, o no pderei

ca pderia pelo sen pder,

gñ coita q me fazedes aver,

señor fremosa des q vos amei.

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

 

         CANCIONERIO DÁXUDA         (126 – 1)

XCVII

Sennor fremosa venno  vus dizer

de quando mal amin faz voss amor

que me digades vos ay mia sennor,

por deus que vus deu tan bon pareçer

Mia sennor fremosa que prol vus ten

a vos de quanto mal me ven.

E pois vus eu amei des q vus vi

e amo mais de quantas cousas son,

dized miora si ds vos perdon.

pois vus eu outro mal non mereçi.

Mia sennor fremosa que p vos ten.

Pero senor nunca vos eu ousei,

de mia coita nulla ren emetar.

que mia mi fez o voss amor levar,

mais pois p vos tan muito de mal ei

Mia señor fremosa que pl vos ten.

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

           CANCIONEIRO DÀXUDA   (126 – 2)

XCVIII

Par deus sennor ia eu non ei poder

de non dizer de quanto mal me ven.

por vos que quero mellor doutra ren,

que me fez deus por meu mal ben querer

ca me fazedes ia perder o sen , e o dormir

sennor, e praz vus en, e trage men gran

coita voss amor.  Todest mal me por vos

ven sennor.

Amor me faz viver en coita tal,

por vos señor si ds de mal manpar

qual eu ia nunca poderei mostrar,

mentre viver po non punn en al,

e a vos praz de corazon poren

por que traj amor tan endesden.

e faz maver de mia morte sabor.

Todeste mal me por vos señor.

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

IMG_0632

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO

            EIDO DO PORTELO

IMG_0650

oooooooooooooooooooooooooooooo

             EIDO DA NAMORA

IMG_0651

oooooooooooooooooooooooooooooo

                        FIM

Deixar un comentario