OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO
A ANXELINHA
OOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO
A AREOUSA
Mal chamado Anxeliña, este lugar nestes intres fai parte do barrio da Igrexa, formouse como lugar de vivenda alá polo ano mil novecentos vintioito, sendo a primeira casa propiedade de Camilo Bouzó e Rosa Montero, a partir de estas datas Rosa da Presa, no seu entorno amistoso era coñecida como Rosa do Monte. Este lugar hoxe en dia en plan anedóctico, tamen é coñecido polo barrio das Rosas, por que de seis veciños cada casa ten unha dona chamada Rosa. O Camilo do Monte, foi o Lisboano que xurdiu co primeiro coche ala polo ano cuarenta e dous en Guillade. Este Señor e mais o seu parente “Malandriño” e outros mais que era toda unha familia facian parte da plana maior que dirixia os destinos do noso Guillade Lisboano. O Señor Xosé Maria do Torres era Axente Oficial e Depositário na Terra xa que falamos do Torres voume estender un pouquiño mais, era home de confianza de todos, marcou a sua conducta durante duas xeracions, era un simbolo de garantia, a tenda do Torres era a casa piloto numero un de todos os nosos contornos.
Estes homes foron os promotores naquel tempo do cemitério e do palco da musica. O Sr. Camilo Bouzó (conocido por Camilo do Monte), cando xa moraba na sua casa nova da Anxeliña era alá polo ano 1950 trouxo de Lisboa un aparato accionado por manivela que lle chamaban a voz falante, seria agora un tocadiscos, lembrome bem que todas as noites ibamos os veciños de Mourigade a escoitar o primeiro enxeño, o Sr. Camilo gozaba moito con ver a sua casa chea de xente para escoitar o seu novo artiluxio.
J.G.Sebastián
(Xosé da Casquilla)