| WikiLeaks | |
|---|---|
|
O logotipo é un reloxo de area onde un planeta Terra escuro pinga (leak, en inglés) sobre outro máis claro.
|
“WikiLeaks (WikiFiltracións ou WikiFugas en inglés) é unha organización mediática internacional sen ánimo de lucro que publica a través do seu sitio web informes anónimos e documentos filtrados con contido sensíbel en materia de interese público, preservando o anonimato das súas fontes.[1] O lanzamento da páxina web realizouse en decembro de 2006, e a súa actividade comezou en xullo de 2007 e desde esta data a súa base de datos creceu constantemente até acumular 1,2 millóns de documentos.[2] Está xestionado por The Sunshine Press.[3] “
Este texto forma parte da entrada recollida na Galipedia, que podedes consultar para vela ampliada. Tamén está máis ampliada na Wikipedia en lingua castelá.
Outro exemplo de gran repercusión mediática foi a publicación dos Papeis do Departamento de Estado (coñecido como Cable Gate). O 28 de novembro de 2010, Wikileaks filtroulle á prensa internacional unha colección de 251.187[47] cables ou comunicacións entre o Departamento de Estado estadounidense coas súas embaixadas por todo o mundo (denominados en inglés United States diplomatic cables leak, Cable Gate ou Secret US Embassy Cables).[48] [49] Trátase da maior filtración de documentos secretos da historia. WikiLeaks proporcionoulles esa información aos xornais The Guardian,[50] The New York Times,[51] Le Monde,[52] El País[53][54][55] e ao semanario Der Spiegel[56].